Comisión de Pesca 18 de xuño

O secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, confirma a preguntas do voceiro popular que os produtos de orixe marítima –en especial, conservas e as algas- xa representan uns 4 millóns de euros do volume de produto certificado en Galicia, un incremento porcentual do 41,65% en tan só un ano

BALSEIRO DESTACA A APOSTA DA XUNTA POLA ELABORACIÓN DE PRODUTOS ECOLÓXICOS NO ÁMBITO DO MAR

 PropB

  • Sinala que se está a observar un notable incremento do interese por este tipo de produtos tanto por parte dos propios produtores coma, e moi especialmente, pola cadea de transformación e comercialización

 

 

Santiago, 18 de abril de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, destacou esta mañá a aposta do Goberno galego pola produción de produtos ecolóxicos tamén no eido do mar e o marisqueo. Así o explicou durante a súa intervención na Comisión de Pesca do Parlamento galego onde formulou unha iniciativa interesándose pola evolución dos produtos certificados nestes ámbitos.

 En resposta ás preguntas de Balseiro, o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, explicou que que os produtos de orixe marítima en Galicia xa representan un volume de negocio próximo aos 4 millóns de euros de produto certificado, esta cifra que representa un incremento porcentual do 41,65%.

 A preguntas do deputado popular Maneiro explicou tamén que en Galicia a produción se centra basicamente en mexillón cultivado en batea, a recolleita sostible de algas e algúns tipos de conserva que utilizan na súa elaboración produtos ecolóxicos de diversa índole, “isto se nos referimos a produtos de orixe mariño, mentres que se nos referimos a acuicultura continental destaca o cultivo de troita”.

No caso dos produtos de orixe acuática son tres as categorías nas que se agrupan e en todas elas se aprecian incrementos notables nos valores de venda:

2013 %

Variación con respecto a 2014Conservas de Peixe3.564.411,0449,78%Outros Elaborados1.537.261,7517,64%Acuicultura e algas267.444,47157,01%Totais ligados á Pesca5.369.117,2641,65%

TENDENCIA A ALZA NO MERCADO

Balseiro animou a apostar por este sector dado que os datos permiten observar un notable incremento do interese por este tipo de produtos tanto por parte dos propios produtores coma, e moi especialmente, pola cadea de transformación e comercialización especialmente relevante no caso da conserva e dos pratos preparados.

 Maneiro confirmou este extremo e indicou que o crecente interese deriva necesariamente dun incremento da demanda deste tipo de produtos por parte dos consumidores sendo destacable as peticións chegadas de países da Unión Europea coma Alemaña ou Francia, que constitúen tamén unha oportunidade para a exportación.

APOIOS DA XUNTA

Balseiro e Maneiro coincidiron finalmente en que, por parte da Xunta de Galicia estase a apoiar decididamente este tipo de produción coma un plus de calidade a engadir á xa recoñecida dos nosos peixes e mariscos. Ademais os produtos con selo ecolóxico se traducen nunha maior competitividade respecto dos seus competidores e nunha mellora dos prezos de comercialización e, polo tanto, nunha mellora nas rendas dos produtores. A Xunta está a apoiar, neste ano, ao Consello de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) con diversas actividades, como a presentación e degustación de produtos do mar ecolóxicos nos distintos salóns, e congresos.

Xunto a iso Balseiro puxo en valor outras iniciativas de certificación ecolóxica como as que está a impulsar o sector, a iniciativa propia, e das que tivemos coñecemento nas últimas datas en portos pesqueiros de importancia como os da Mariña lucense, Vigo ou Riveira.