Comisión de Pesca 18/06/2014

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, dixo hoxe no Parlamento que non comparten a recomendación realizada polo Informe Lagares sobre a reforma fiscal

OS POPULARES GALEGOS CONTRARIOS Á SUBA DO IVE NOS PRODUTOS PESQUEIROS

6066702w

  • Entenden que incrementar a carga tributaria de peixes e mariscos, repercutiría negativamente no sector xa que encarecería o seus prezos, prexudicando o consumo e as cifras de venda
  • Aclara en todo caso que a proposta realizada pola Comisión de Expertos é unha recomendación, non unha iniciativa do Goberno

  

Santiago, 18 de xuño de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe no transcurso do debate que tivo lugar na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, que os populares galegos “somos contrarios á suba do imposto sobre o valor engadido (IVE) nos produtos pesqueiros”. O parlamentario popular sinalou que non comparten, en relación con este asunto, a recomendación realizada polo Informe Lagares, o documento elaborado pola comisión de expertos sobre a reforma fiscal.

O voto dos populares foi decisivo para a aprobación dun acordo polo que a Cámara galega insta á Xunta, por unanimidade, a reclamar do Goberno español que non leve a cabo este aumento.

ENCARECERÍA OS PREZOS

Balseiro entende que incrementar a carga tributaria de produtos alimentarios básicos, como son os peixes e mariscos, repercutiría negativamente no sector “xa que encarecería o prezos, prexudicando o consumo e as cifras de venda”

UNHA RECOMENDACIÓN

Balseiro aclarou, en todo caso, que o coñecido como Informe Lagares contén unha serie de recomendacións formuladas por un grupo de expertos a petición do Ministerio de Facenda pero non é, polo tanto, unha proposta en firme do Goberno de España.

De feito, será o Consello de Ministros quen, proximamente presentará a proposta inicial de reforma fiscal que despois seguirá os trámites parlamentarios fixados. Neste senso, confían nas palabras do Ministro de Facenda cando explicou que non forma parte das previsións do Goberno subir a tributación indirecta de ningún produto pesqueiro.

PROMOCIÓN DO CONSUMO

Os populares din que unha medida de estas características sería contraproducente cos esforzos que está a desenvolver o sector e a propia Xunta de Galicia para incentivar o consumo dos produtos do mar, pesca e marisqueo, e para mellorar o seu sistema de comercialización e posición no mercado.

Ademais Balseiro lembrou que a Organización Mundial da Saúde recomenda entre dúas e catro racións semanais a inxesta mínima de produtos pesqueiros, como medida para garantir unha dieta saudable, dato avalado pola, a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria e a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición