• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Brigadas contraincendios
Rehabilitación de vivendas »

Programa Forcon

1, Xullo 2014 por Admin B

O Goberno galego pón en marcha esta iniciativa denominada Forcon vencellada aos sectores estratéxicos da nosa economía nos que se prevén maiores posibilidades laborais estables

Balseiro salienta as iniciativas da Xunta para mellorar a empregabilidade de mozos lucenses con baixa cualificación

 Balseiro

  • Tras a fase de formación, o alumnado accederá a un contrato de traballo de 6 meses de duración
  • As contratacións temporais e transformación en indefinidos das empresas participantes incentivaranse cunha axuda de 2.500 euros
  • Os participantes obterán certificados de profesionalidade con validez nacional

  

Lugo, 1 de xullo de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, vén de salientar a decisión do Goberno galego de poñer en marcha un programa innovador que combina formación e emprego, e que vai destinado aos mozos e mozas en paro, menores de 30 anos, e con baixa ou nula cualificación profesional

Esta iniciativa denominada Programa Forcon que chegou a beneficiar a uns 300 mozos e mozas na anterior convocatoria –no ano 2013– volve a convocarse, unha vez máis, centrada en servir de apoio para a inserción laboral dun dos colectivos que presenta maiores dificultades á hora de atopar un emprego, isto é, aqueles que teñen baixa cualificación profesional, carecen de estudos ou non dispoñen da titulación axeitada.

O dirixente popular explicou que a provincia de Lugo será unha das áreas de execución prioritaria deste programa o que permitirá a todos aqueles que cumpran os requisitos para formar parte do mesmo, participar tanto na fase de formación como na posterior fase de contratación naquelas empresas que poidan estar interesadas en colaborar.

FASE FORMATIVA

No que se refire á fase formativa, os participantes poderán formarse en especialidades formativas vinculadas a sectores laborais estratéxicos tales como: a economía verde (enerxías renovables, preservación medioambiental…); economía da saúde (servizos á terceira idade, atención á dependencia); e economía do coñecemento (TIC, audiovisual e cultura, biotecnoloxía…).

A formación estará vencellada á obtención de certificados de profesionalidade, que terán validez en todo o territorio nacional. Poderán participar nestas formacións aqueles mozos e mozas que non teñan formación académica ou ben que sexan titulados en educación secundaria obrigatoria. Os cursos impartiranse en centros públicos de formación profesional dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

FORMACIÓN PRÁCTICA

Tras rematar o período de formación, os participantes deberán realizar unha fase de prácticas en centros de traballo, como primeiro achegamento ao mercado de traballo. Este módulo –que durará 6 meses- realizarase en empresas do sector, seleccionadas pola Administración para participar no proxecto.

Durante esta etapa, o alumnado estará vinculado contractualmente coa empresa, con cotización á seguridade social, e as condicións laborais serán as establecidas no convenio colectivo de aplicación. A empresa contará cun incentivo público á contratación temporal, que ascenderá a 2.500 euros. No caso de que estes contratos temporais fosen despois transformados en indefinidos, ao rematar a vixencia do mesmo, a empresa tería dereito a unha axuda complementaria de 2.500 euros.

Balseiro salientou, en definitiva, que estamos a falar dun programa que permitirá mellorar a cualificación dos mozos e mozas desempregados, ao tempo que lles facilita unha primeira inserción no mercado laboral.

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xullo 2014
    L M M X V S D
    « Xuñ   Ago »
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: