Mellora do potencial forestal galego

Con este obxecto formulará unha pregunta parlamentaria na sesión prevista este xoves da Comisión 7ª de Agricultura e Montes do Parlamento de Galicia

BALSEIRO INTERÉSASE POLOS BENEFICIOS QUE O NOVO DECRETO DE ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL INCORPORA PARA OS PROPIETARIOS DOS MONTES

 AGENDA POLITICA logo2

  • A Xunta vén de establecer na nova regulación facilidades administrativas e beneficios comerciais, económicos e fiscais para estes propietarios

 

O voceiro de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, interesarase no Parlamento galego polos beneficios que o novo Decreto de ordenación e xestión forestal incorpora para os propietarios dos montes.

Con este obxecto formulará unha pregunta parlamentaria na Comisión 7ª de agricultura e montes do Parlamento de Galicia prevista para mañá xoves, a partir das 10.30 horas.

A Xunta aprobaba e publicaba nas pasadas datas o novo Decreto de ordenación e xestión forestal, un instrumento chamado a desenvolver aspectos clave previstos na nova Lei de Montes e que substituirá e actualizará o regulamento vixente ata ese momento, que databa do ano 1970.

BENEFICIOS IMPORTANTES PARA OS PROPIETARIOS

Balseiro quere coñecer os aspectos polos que o novo Decreto esta chamado a asegurar un aproveitamento diverso e sustentable dos montes e afondar sobre cales son as facilidades administrativas e beneficios comerciais, económicos e fiscais que incorpora esta nova norma para os propietarios.

Os aspectos máis relevantes son os referidos a un acceso privilexiado ás axudas públicas, a posibilidade de obter beneficios tributarios en relación co Imposto de Bens Inmobles e no cómputo no IRPF e a substitución das autorizacións para a maioría das tarefas forestais por simples notificacións a través dun proceso de ventanilla única, polo queestesson, entre outros, aspectos sobre que preguntará Balseiro.

NOVOS INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN ANTES DO ANO 2019

A Lei de montes aprobada a pasada lexislatura establece que a partir do ano 2019 non se permitirán aproveitamentos –incluídas cortas de madeira para uso comercial- a aqueles propietarios que non posúan un instrumento de ordenación ou xestión forestal. E, en previsión a este requirimento, a Xunta aprobou este Decreto, co fin de que todos os propietarios forestais de Galicia se doten destes instrumentos con tempo

A IMPORTANCIA DO SECTOR FORESTAL EN LUGO

Lugo produce 2,3 millóns de metros cúbicos de madeira, dos que uns 300.000 son xestionados pola Administración a través de terreos consorciados e o resto son montes privados, veciñais ou en man común. A facturación forestal ten un peso importante no PIB (Produto Interior Bruto) da provincia e, con datos oficiais do ano 2010, entre Ribadeo e Ferrol disporíanse de 25 millóns de toneladas de eucalipto, cuxo valor supera os 1.200 millóns de euros. Concellos como o de Trabada son un referente forestal no conxunto do país, e nel se constituíu a primeira concentración de montes privada de Galicia que converteu 7.338 parcelas en 513 fincas