Obradoiros de emprego

Estes datos contrastan co reparto “sectario e partidista” efectuado polo bipartito da Deputación onde Besteiro deixou fóra do seu plan provincial de emprego a todos os concellos gobernados polo PP na provincia de Lugo, excepto a 8 veciños de Quiroga

Balseiro salienta que ata once concellos gobernados por PSOE, BNG ou independentes participarán nos obradoiros de emprego concedidos pola Xunta

 529651_417286685033624_299129873_n

  • Xa vén sexa de xeito individual, como Lugo capital, ou de xeito conxunto con outros municipios, independentes, socialistas e nacionalistas si contan para as políticas de emprego da Xunta
  • Os veciños desempregados de Lugo, Monterroso, A Pastoriza, Castroverde, Pol, Riotorto e Mondoñedo que non puideron participar no plan da Deputación si poderán beneficiarse dos obradoiros da Xunta

 

Lugo, 10 de xullo de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro quixo salientar hoxe que ata once concellos gobernados por PSOE, BNG ou independentes da provincia de Lugo poderán participar nos obradoiros de emprego que, para esta anualidade, foron concedidos pola Xunta.

O Goberno galego distribúe este apoios aos desempregados da provincia en función de criterios obxectivos, das necesidades reais de cada concello, e sen facer diferenzas en función das cores políticas dos seus alcaldes, isto é, sen incorrer en discriminación tal e como si fai Jose Ramón Gómez Besteiro

De feito, Balseiro puxo de relevo que estes datos contrastan co reparto sectario e partidista que efectuou o bipartito da Deputación de Lugo xa que Besteiro deixou fóra do plan provincial de emprego a todos os concellos da provincia gobernados polo PP –pese a que son maioría – excepto a un, Quiroga, no que contratou tan só a oito veciños

A realidade dos datos demostran que a Deputación de Lugo fai un uso partidista dos recursos que son de todos os lucenses, mentres que a Xunta achega os obradoiros de emprego alí onde son máis necesarios, en función do número de desempregados e da valoración que obtiveron os proxectos presentados.

SEN DISCRIMINAR POLA COR POLÍTICA DA ALCALDÍA

Xa vén sexa de xeito individual, como Lugo capital, ou de xeito conxunto con outros municipios, independentes, socialistas e nacionalistas si contan para as políticas de emprego da Xunta, asegura Balseiro.

No caso de Lugo capital a Xunta outorgou un obradoiro na especialidade de documentación dixital e electrónica, que terá 23 participantes e contará cun investimento por parte do Goberno galego superior aos 213.000 euros. Ademais outros concellos da provincia non gobernados polo PP tamén obtiveron obradoiros de emprego da Xunta, de xeito mancomunado, como é o caso dos municipios de O Valadouro, Castroverde, A Pastoriza, Pol, Monterroso e Ribas de Sil –todos eles gobernados polo PSOE-; dos concellos de Mondoñedo e Riotorto, con alcaldes do BNG-; e dos dous municipios lucenses con alcaldes independentes, como é o caso de Chantada e Rábade

BESTEIRO DISCRIMINA A ALCALDES DO BIPARTITO

Dáse a curiosa circunstancia, indica Balseiro para concluír, que mentres que Besteiro discriminou ao non deixar participar no plan provincial de emprego aos veciños parados de O Valadouro, Lugo, Monterroso, A Pastoriza, Castroverde, Pol e Mondoñedo –con alcaldes afíns ao bipartito- a Xunta si lle outorga o obradoiro de emprego que por dereito lle corresponde, o que supón unha oportunidade laboral para os desempregos destes municipios que foron desprezados pola Deputación.