• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Obradoiros de emprego
Operativo contraincendios »

Obradoiros de emprego na Mariña

11, Xullo 2014 por Admin B

O norte lucense o gran esquecido polas políticas de emprego de PSOE e BNG na Deputación de Lugo

 Balseiro salienta que mentres Besteiro deixa fóra á Mariña do plan de provincial de emprego a Xunta inviste 710.000 euros en obradoiros de emprego para 13 concellos da comarca

10492425_627665110662446_448612586978537463_n

 

  • O Goberno galego inclúe aos municipios de O Valadouro, Riotorto e Mondoñedo, con alcaldes do bipartito, entre os beneficiarios dos obradoiros, o que contrasta coa Deputación que discrimina dos seu plan a todos os concellos gobernados polo Partido Popular

 

  • “A Mariña si conta para as políticas de emprego da Xunta” que achega recursos para xerar oportunidades laborais non só a través dos obradoiros, senón tamén dos programas de cooperación que permitiron, por exemplo, a contratación de 87 socorristas ou das brigadas contraincendios

 

Lugo, 11 de xullo de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, insistiu hoxe que nos últimos anos veñen denunciando que a comarca da Mariña é a gran esquecida polas políticas de emprego da Deputación de Lugo.

De feito, lembrou que Besteiro, “coa complicidade do PSOE e do BNG”, deixou a todos os concellos da Mariña fóra do plan provincial de emprego, coa única excepción de A Pontenova na que autorizou a contratación de 8 persoas”

Segundo indicou Balseiro, esta situación de desprezo aos nosos parados por parte da Deputación “contrasta cos apoios da Xunta” xa que o Goberno galego vén de anunciar o investimento na comarca da Mariña de 710.000 euros a repartir entre 13 concellos para a posta en marcha dos obradoiros de emprego. A través destes programas un total de 80 persoas desempregadas poderán participar e beneficiarse dos mesmos, acadando as oportunidades laborais que a Deputación lles nega.

SEN DISCRIMINACIÓN POLA COR POLÍTICA DOS ALCALDES

Balseiro explicou tamén que mentres a Deputación non permitiu a ningún concello con alcalde do PP participar no plan provincial de emprego. A Xunta non fai discriminación en función da cor política dos gobernos locais, polo que tres concellos con alcaldes do PSOE ou do BNG si terán obradoiros de emprego. Este é o caso de O Valadouro, Riotorto e Mondoñedo.

O dirixente popular sinalou que hai dúas formas moi distintas de gobernar: a de Besteiro, a do PSOE e BNG na Deputación de Lugo, que empregan os os recursos que son de todos os lucenses con fins partidistas e da Xunta que achega os apoios a todos os concellos posibles en base a criterios obxectivos

MÁIS APOIOS DA XUNTA AOS DESEMPREGADOS

Aos obradoiros de emprego habería que engadir outras liñas de axuda do Goberno galego para os concellos da comarca como é o caso do plan de cooperación que, por exemplo, este mesmo verán, permitiu a contratación de 87 socorristas.

Tamén poderían sumarse os postos de traballo xerados trala entrada en funcionamento das brigadas contraincendios, subvencionadas polo Goberno galego, aínda que neste caso, cómpre lembrar que hai alcaldes como os de Ribadeo ou O Valadouro que se toman o luxo, e os desprezo para os seus veciños parados, de non solicitalas.

“A Mariña si conta para as políticas de emprego da Xunta”-concluíu Balseiro.

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xullo 2014
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Xuñ   Ago »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: