Pleno do Parlamento

O voceiro do Mar do populares galegos, Jose Manuel Balseiro, aplaude o feito de que todas as forzas políticas reclamen “a unha soa voz” a necesidade de garantir a igualdade de condicións no marco do acordo pesqueiro bilateral entre España e Portugal

 O GRUPO POPULAR DEFENDE NO PARLAMENTO QUE A FLOTA PORTUGUESA ASUMA A PROHIBICIÓN DA ACTIVIDADE PESQUEIRA O FIN DE SEMANA

 flota-galicia

 

Santiago, 14 de xullo de 2014.- O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, defendeu esta tarde no Pleno do Parlamento de Galicia a decisión dos catro grupos políticos con representación na Cámara de subscribir unha iniciativa conxunta en defensa dos intereses da flota galega do litoral.

 Este paso é resultado das reunións que mantiveron os representantes desta flota e os distintos grupos parlamentarios para que, no marco do proceso de negociación do convenio pesqueiro bilateral entre España e Portugal, se introduzan criterios que garantan a igualdade de condicións no exercicio da actividade pesqueira para os buques galegos e portugueses.

 DESCANSO SEMANAL OBRIGATORIO

 O principal obxectivo perseguido por esta iniciativa conxunta é que os buques de arrastre de bandeira portuguesa que faenan nas augas xurisdiccionais españolas -zonas VIIIc e IXa do caladoiro Cantábrico Noroeste-, tamén realicen o descanso semanal obrigatorio (en fin de semana), tal e como establece a normativa vixente para os buques españois. Deste xeito poráse fin a unha situación inxusta que estaba a supoñer unha desventaxa competitiva para flota galega

Cómpre sinalar que a proposta de acordo incluída na iniciativa subscrita polo Grupo Popular, Grupo Socialista, por Alternativa Galega de Equerdas, o BNG e o Grupo Parlamentario mixto incorpora o mesmo texto que foi debatido na comisión sectorial de arrastre de litoral do Consello galego de Pesca onde obtivo amplo respaldo.

 AMPLA DEMENDA DO DO SECTOR

Balseiro explicou que de acadarse esta petición que, con toda probabilidade contará co respaldo unánime do Parlamento de Galicia, servirá de apoio a unha ampla demanda do sector para que os arrastreiros galegos e portugueses poidan competir en igualdade de oportunidades no mar e nos mercados

 O voceiro do mar dos populares galegos quixo deixar constancia do seu apoio ás peticións formuladas polos profesionais do sector e sinalou que esta xa vén sendo tamén unha reivindicación histórica tanto do Partido Popular como da Xunta de Galicia que agora trasladarán ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para que negocie neste obxectivo.