• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Opinión
Pleno do Parlamento »

Sanidade

14, Xullo 2014 por Admin B

Tras manter esta mesma tarde, no Parlamento de Galicia, unha reunión coa conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera

OS DEPUTADOS MARIÑANS DO GRUPO POPULAR ANUNCIAN A INMINENTE ADXUDICACIÓN DO PLAN DIRECTOR DO HOSPITAL DA COSTA

O hospital desde o parque

 

  • Este mércores terá lugar a primeira das mesas de contratación e a semana próxima a última, nas que se determinará a empresa adxudicataria e, polo tanto, a encargada de elaborar este proxecto que establece o modo no que deben ampliarse as estruturas e os servizos do centro hospitalario da Mariña lucense

  

Santiago, 14 de abril de 2014.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra anunciaron a inminente adxudicación do plan director do Hospital da Costa, isto, é do proxecto técnico que determinará, de xeito detallado, como deben ampliarse as estruturas e servizos do centro hospitalario da Mariña lucense.

 Os populares mantiveron esta mesma tarde, con ocasión da sesión plenaria do Parlamento de Galicia, unha xuntanza coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, na que a titular deste departamento autonómico explicoulles os pasos que o Goberno galego ten previsto dar nos próximos 15 días para desbloquear e executar o esperadísimo proxecto.

 Este mesmo mércores reunirase a Mesa de Contratación que se encargará da apertura das distintas ofertas recibidas, segundo a Lei de Contratos do sector público . Tras iso haberá un prazo de tres días para corrixir posibles deficiencias e xa, na semana próxima, terá lugar a última xuntanza da Mesa de Contratación que realizará a proposta sobre cal das ofertas presentadas é a que se encargará da execución definitiva do plan director de tal xeito que xa quedaría listo e pendente para a súa adxudicación formal.

 O PROXECTO MÁIS AMBICIOSO E ESPERADO DA MARIÑA

 Os populares din que este anuncio é unha noticia estupenda e moi esperada para a Mariña xa que suporá a materialización do compromiso adquirido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que se comprometeu a ampliar, modernizar e mellorar a primeira infraestrutura sanitaria da comarca.

 A inminente adxudicación anunciada hoxe, vén blindar unha actuación que busca dotar o Hospital da Costa de máis capacidade para prestar un servizo público hospitalario en mellores condicións de capacidade asistencial e de confort hospitalario, logo de máis de 25 anos de actividade.

 UN PASO DECISIVO: A ADXUDICACIÓN DO PLAN DIRECTOR

Cómpre lembrar que este é un paso máis despois de que a finais do mes de maio do 2013 a Xunta procedese á licitación deste proxecto e á apertura dos trámites administrativos que finalizarán a semana próxima coa adxudicación definitiva.

 Desde o Grupo Popular lembran que, segundo o previsto no propio documento, logo da adxudicación disporase dun prazo de execución de seis meses para elaborar o proxecto definitivo, o que supón xa un horizonte temporal para quizá o proxecto máis ambicioso dos comprometidos polo Goberno galego na comarca.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en SANIDADE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xullo 2014
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Xuñ   Ago »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: