Axuda no fogar

O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable provincial da área de Benestar, Antón Veiga, ou non se enteira de nada ou directamente minte

 Balseiro lembra que a Xunta destina 13 veces máis que a Deputación de Lugo ao sostemento dos servizos municipais de axuda no fogar

 10174928_592452000850424_6702620407126762293_n

  • O Goberno galego apoia aos concellos lucenses con máis de 9,1 millóns de euros, mentres a Deputación non supera os 675.000
  •  Pola contra a institución provincial incumpre a Lei e é a única deputación galega que se está a negar a financiar na súa integridade o servizo básico de axuda no fogar

Lugo, 20 de xullo de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro lembrou hoxe que a Xunta de Galicia destina 13 veces máis que a Deputación de Lugo ao sostemento do servizo de axuda no fogar. Mentres que o Goberno galego apoia aos concellos lucenses con máis de 9,1 millóns de euros, (preto de 1,85 millóns de euros, só na comarca da Mariña) a Deputación tan so achega 675.000, unha cantidade manifestamente insuficiente para facer fronte as súas obrigas legais

Balseiro aclara que o Goberno galego apoia a todos os concellos da provincia sen excepción, financiando os custes do persoal de axuda no fogar necesario para atender aos usuarios deste servizo en situación de dependencia e tamén financia o custe dos traballadores sociais de absolutamente todos os Concellos, independentemente do número de habitantes que teñan.

Balseiro desmente así a afirmación realizada polo vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da área provincial de Benestar, Antonio Veiga, a quen lle acosou de estar desinformado ou, o que é aínda máis grave, directamente mentir, xa que é plenamente consciente de que os apoios da Xunta superan con mucho os da Deputación

A DE LUGO A ÚNICA DEPUTACIÓN GALEGA QUE NON CUMPRE

O secretario xeral dos populares lucenses non comprende como tanto a Besteiro como a Antonio Veiga non se lles cae a cara de vergoña por ser a única deputación provincial, das catro galegas, que se está a negar a financiar na súa integridade o custe do servizo básico de axuda no fogar pese a que por lei así lles corresponde.

De feito a actual lei de servizos sociais establece que a Xunta de Galicia debe financiar o custe do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes, algo que fai en todos os concellos galegos, mentres que a Deputación debería facer o propio co servizo básico (isto é o que afecta ás persoas non dependentes) pero non o fai

Os populares acusan á Deputación de Lugo de falta de sensibilidade tanto cos concellos lucenses como sobre todo coas persoas maiores que son beneficiarias do servizo de axuda no fogar e traen a colación un dato moi significativo que pon de relevo o incumprimento de Besteiro e de Veiga para cos nosos maiores, xa que as axudas da Deputación deixan ao descuberto o 84% do custe do servizo.