Avanzan os trámites previos á adxudicación do Plan director

Os populares salientan que, tal e como estaba previsto, o Goberno galego autoriza o último paso previo á adxudicación

Mañá xoves ás 13.30h terá lugar a última mesa de contratación que avalía as ofertas presentadas para elaborar o Plan Director do Hospital da Costa

 O hospital desde o parque

  • Trátase da segunda xuntanza en menos de 15 días o que dá imaxe da axilidade e celeridade que o Goberno galego quere imprimir a todo este proceso administrativo, tras o desbloqueo deste proxecto chamado a determinar como será a obra de reforma e ampliación do centro hospitalario mariñán

 

Lugo, 23 de xullo de 2014.- Os deputados mariñáns do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra anunciaron hoxe que, cumprindo os compromisos adquiridos, mañá xoves 24 de xullo, ás 13.30h, terá lugar a última das mesas de contratación que, convocadas polo Sergas, ten como principal encargo realizar a avaliación final das ofertas presentadas polas distintas empresas interesadas en elaborar o Plan Director do Hospital da Costa.

 Como resultado desta derradeira xuntanza da mesa de contratación prevista para mañá, os integrantes da mesma –funcionarios e cargos responsables dos departamentos de Intervención, Orzamentos, Compras e Servizos e da Asesoría Xurídica do SERGAS- realizarán unha proposta de adxudicación e determinarán a empresa que, ao xuízo dos criterios obxectivos avaliados, disporá dun prazo de seis meses para elaborar o Plan Director.

 ÁXIL TRAMITACIÓN ADMINISTRATIVA

 Os populares salientan a celeridade coa que se están dando os últimos pasos administrativos despois de que o Goberno galego decidirá desbloquear a adxudicación deste Plan Director, licitado o pasado ano, en cumprimento dos compromisos adquiridos polo Partido Popular e polo Presidente da Xunta de Galicia. Deste xeito, toma forma o proxecto que determinará o modo no que se acometerá a remodelación e ampliación do centro hospitalario da Mariña lucense tras 28 anos de actividade.

A SEGUNDA MESA DE CONTRATACIÓN EN MENOS DE 15 DÍAS

 Esta nova cita da mesa de contratación terá lugar despois de que, a semana pasada, tal e como confirmaron onte os deputados populares, tivera lugar unha primeira xuntanza na que se fixo un estudo preliminar do contido das nove ofertas presentadas, conforme aos criterios administrativos e técnicos marcados polo Sergas. Tras esta primeira xuntanza o Goberno galego encargou a elaboración, con urxencia, dos informes técnicos que puntúan cada unha das propostas presentadas, documento que se estudará mañá. Os populares salientan que, tal e como estaba previsto, o Goberno galego autoriza o último paso previo á adxudicación