• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Hospital da Costa (Burela)
Avanzan os trámites previos á adxudicación do Plan director »

Estratexia de impulso á biomasa

23, Xullo 2014 por Admin B

O voceiro de montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, salienta os esforzos do Goberno galego para crear unha nova industria que contribuirá a poñer en valor o monte e a fixar emprego no ámbito rural

Lugo -a provincia coa maior superficie arborada de Galicia- será a principal beneficiaria da Estratexia da Xunta para o impulso á biomasa

Feijoo e Balseiro

  • A Xunta mobilizará, no conxunto da autonomía, 450 millóns de euros en investimentos, axudas directas que superan os 89 millóns de euros e a xeración de 1.000 postos de traballo

Lugo, 23 de xullo de 2014.- O voceiro de montes do Grupo Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, sinalou hoxe que Lugo, a provincia coa maior superficie arborada de Galicia, será a principal beneficiaria da Estratexia da Xunta para o impulso á biomasa.

O propio deputado popular xa adiantaba esta posibilidade, hoxe confirmada, cando a finais do ano pasado o Parlamento galego aprobaba, a instancias do Grupo Popular e co apoio de AGE, unha iniciativa pedindo á Xunta que aproveitase esta fonte de enerxía limpa e alternativa

“Dispoñemos das mellores condicións para desenvolver unha industria asociada ao aproveitamento enerxético da biomasa forestal e somos ademais a provincia cun monte mellor ordenado e con menor incidencia dos lumes”- factores que, para Balseiro, reforzan o noso potencial.

A Xunta vén de deseñar unha estratexia integral para os próximos seis anos (2014-2020) que, a través de distintas accións prevé a mobilización de 450 millóns de euros en investimentos, axudas directas que superan os 89 millóns de euros e a xeración de 1.000 postos de traballo só en Galicia.

Balseiro sinala ademais que coa potenciación do uso da biomasa forestal cúmprese un dos obxectivos máis ambiciosos marcados polo sector como é a posibilidade de dar cobertura a toda a cadea de valor do produto, desde que sae do monte ata que chega aos fogares e á industria.

A estratexia galega de impulso á biomasa persegue tamén outros obxectivos como é contribuír ao aforro e a eficiencia enerxética, mediante a diminución do gasto na compra de combustibles fósiles. Neste seno Balserio lembra que o consumo de biomasa para pellets e estelas empregados en sistemas de climatización permiten un aforro de ata un 65% con respecto ao gasóleo e dun 45% respecto ao gas natural.

POSTA EN VALOR DO MONTE

Ao mesmo tempo a provincia de Lugo podería verse beneficiada polos esforzos do Goberno galego para crear unha nova industria que contribuirá a poñer en valor o monte e a fixar emprego no ámbito rural. As oportunidades laborais e industrias que nacerán co apoio da Xunta ,farán posible unha maior profesionalización do sector forestal na provincia e un monte máis limpo –de feito, gran parte da biomasa forestal son restos de operacións silvícolas e subprodutos derivados da primeira transformación da madeira que, retirados dos montes, reducen o risco de incendios forestal.

LUGO UNHA PROVINCIA NA MELLOR POSICIÓN

Balseiro insiste en que a provincia de Lugo está na mellor posición á hora de aproveitarse do fomento da biomasa no rural e que especialmente aquí pode facerse dun xeito compatible coa sostibilidade do recurso.

Nesta liña ofrece datos moi reveladores como os que amosan que só nos últimos dez anos Lugo aumentou nun 113% as hectáreas sobre as que se fixeron cortas e aproveitamentos madeireiros, cuxos restos aprovéitanse para biomasa, ao tempo que se veu arborando un 15% máis do territorio forestal que non se atopaba plantado con especies arbóreas.

“Ademais, nesta provincia, atopamos emprendedores interesados en sacar partido a este recurso”- conclúe Balseiro

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xullo 2014
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Xuñ   Ago »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: