Melloras enerxéticas

O Goberno galego estima que o aproveitamento desta nova enerxía limpa suporá un aforro de 1,2 millóns de euros cada dez anos no conxunto dos centros hospitalarios da provincia que se poderán redirixir a outras prioridades no ámbito da mellora dos servizos sanitarios

 Balseiro salienta que a calefacción por biomasa substituirá á tradicional no Hospital da Costa de Burela

Balseiro noutro mitin en Burela

  • A Xunta acometerá as obras necesarias para dotar dunha caldeira de biomasa ao centro que remprazará a actual de gasóleo o que á súa vez permitirá menores emisións de gases de efecto invernadoiro (CO2)

Lugo, 24 de xullo de 2014.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro salientou hoxe que a calefacción por biomasa substituirá á tradicional no Hospital da Costa de Burela.

A Xunta acometerá as obras necesarias para dotar dunha caldeira de biomasa ao centro hospitalario mariñán que será a encargada de reemprezar á actual de gasóleo contribuíndo a un maior aforo enerxético e evitando, á súa vez, maiores emisións de gases de efecto invernadoiro (CO2)

AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

 Segundo explicou Balseiro o Goberno galego estima que o aproveitamento desta nova enerxía limpa suporá un aforro de 1,2 millóns de euros cada dez anos, no conxunto dos centros hospitalarios da provincia, recursos que se poderán redirixir a outras prioridades no ámbito da mellora dos servizos sanitarios

 O consumo de biomasa en lascas, empregados nos sistemas de climatización permiten un aforro de ata un 65% con respecto ao gasóleo e dun 45% respecto ao gas natural. Os hospitais da rede pública galega supoñen máis da metade do consumo enerxético da Xunta de Galicia, a meirande parte, con combustibles caros e contaminantes.

UN INVESTIMENTO PRÓXIMO AOS 2 MILLÓNS DE EUROS

 O adxudicatario da contratación -Elecnor, S.A.- investirá na provincia máis de 1,8 millóns de euros en novos equipos técnicos, sistemas de almacenamento e de dosificación da biomasa, sistemas de filtración de gases de combustión e bombas de alta eficacia para transporte e regulación da enerxía. A adxudicataria executará un plan conxunto para os hospitais da Costa (en Burela), Monforte e Calde (en Lugo)

 INSTALACIÓNS INDEPENDENTES DO EDIFICIO PRINCIPAL

 O emprazamento da nova central térmica aproveitará, con moita probabilidade, a situación da caldeira actual, lonxe do edificio de consultas e habitacións, xa que permite unha maior operatividade así como a total compatibilidade coas actuacións que no futuro están previsto executar nos edificios centrais, segundo o deseño que estableza o Plan director para a remodelación e reforma do hospital.

 A nova sala incorporará polo menos dúas caldeiras de biomasa con potencial global mínima de 1.000 kw, un acumulador inercial de capacidade mínima de 10.000 litros e incluirá a substitución das actuais dúas caldeiras de gasóleo