Sentenza Viveiro

O voceiro popular do Mar rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia interesándose pola valoración e consecuencias deste pronunciamento xudicial que condena ao Concello de Viveiro a indemnizar aos propietarios dos amarres prexudicados

BALSEIRO DI QUE A SENTENZA XUDICIAL ACREDITA A DESASTROSA XESTIÓN QUE O GOBERNO LOCAL DE VIVEIRO FIXO DAS INSTALACIÓNS NÁUTICO-DEPORTIVAS

 28367_porto20deportivo20de20viveiro_1-4ecyaq

  • O voceiro popular do Mar lembra que a decisión da caducidade da concesión veu avalada por un informe do Consello consultivo de Galicia que ratifica os incumprimentos da Administración local

 

 

Viveiro, 9 de setembro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou que a sentenza que condena ao Concello de Viveiro a indemnizar aos usuarios do porto deportivo cando este era unha concesión municipal, acredita a “desastrosa xestión” que o Goberno local fixo das instalacións náutico-deportivas.

Lamenta que agora teñan que ser os veciños de Viveiro –xa que a Xustiza condena á administración local, isto é a facenda municipal- os que se vexan na obriga de pagar cos seus impostos as indemnizacións que percibirán os propietarios dos antigos amarres, tras verse prexudicados pola neglixencia da empresa municipal Turviveiro.

Balseiro adianta que vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia interesándose precisamente pola valoración que desde a Xunta fan deste pronunciamento xudicial que condena ao Concello de Viveiro así como preguntando polas consecuencias que pode ter dita sentenza.

 REITERADOS INCUMPRIMENTOS E IRREGULARIDADES

 O parlamentario popular lembra que cando en marzo do 2011 Portos de Galicia viuse na obriga de retirar ao Concello a concesión, foi consecuencia dos reiterados incumprimentos nos que incorría a administración local. Irregularidades postas de manifesto co aval dun informe do Consello Consultivo de Galicia e que agora dalgún xeito reflicte a propia sentenza, ao insistir en que é o Concello, e non a Xunta, a única administración responsable da situación provocada.

 Entre as irregularidades que se deron durante a xestión municipal do porto deportivo cabe reseñar o incumprimento reiterado nos prazos de inicio das obras proxectadas, así, moitas das actuacións de mellora previstas no proxecto do ano 2004, atópabanse, no ano 2010, aínda sen executar. Tamén habería que sumar o impago por parte do Concello das taxas debidas polo desenvolvemento da actividade comercial; e o uso indebido das instalacións, que deberían destinarse exclusivamente á explotación náutico recreativa, xunto a outras faltas económicas.

 IMPULSAR MEDIDAS PARA RECUPERAR A NORMALIDADE

 Insiste Balseiro en que a desastrosa xestión que o Goberno local de Viveiro fixo destas instalacións náutico-deportivas, motivou a acción da Xunta e desencadeou a extinción anticipada desta concesión. Balserio lembra que ante esta esperpéntica situación Portos de Galicia non tivo máis remedio que caducar a concesión de cara a abrir un novo escenario na xestión das mesmas. Sobre esta cuestión particular tamén pregunta o deputado popular na súa iniciativa parlamentaria ao intersarse polas medidas que que adoptou Portos de Galicia no obxectivo de buscar a recuperación da normalidade nesta dársena deportiva cuxos usuarios sufriron as consencuencias dun Goberno local desnortado e sen capacidade de xestionar o máis básico.