• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Hospital da Costa
Opinión »

Melloras na sanidade pública

12, Setembro 2014 por Admin B

O Servizo Galego de Saúde rematou as obras de reforma e acondicionamento do bloque cirúrxico do Hospital da Costa

quirofano

O Servizo Galego de Saúde rematou xa as obras de reforma e acondicionamento do bloque cirúrxico do Hospital da Costa, que se desenvolveron durante o último mes e que permitiron a mellora e renovación desta área hospitalaria. A Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos destinou un orzamento de máis de 40.000 euros para adecuar e mellorar este importante servizo. Tralas obras de acondicionamento levadas a cabo, o Hospital da Costa retoma este luns, 15 de setembro, a súa actividade cirúrxica habitual.

Os traballos levados a cabo centráronse, principalmente, na renovación das instalacións e en substituir o pavimento das mesmas. Os cinco quirófanos cos que conta o Hospital da Costa permiten afrontar unha media diaria de 20 intervencións cirúrxicas programadas e urxentes neste centro.

A execución das obras levouse a cabo durante o mes de agosto, aproveitando a menor actividade programada que acostuma levar parella este mes. Os traballos, ademais, abordáronse nunha única fase, pero de xeito escalonado, de forma que sempre houbo suficientes quirófanos operativos para garantir a actividade asistencial programada e urxente que se rexistrou no centro e que apenas se viu afectada.

Os traballos realizados incluiron a rexeneración dos solos, substituindo o morteiro de arxila por un de cemento ou formigón que, posteriormente, foi recuberto con PVC electroestático, para garantir que non se deteriore a pintura a causa dos roces dos equipos e camas. Ademais, pintouse o espazo e repararanse os desconchados e outros desperfectos provocados polo seu uso continuado. Finalmente, a obra rematou coa limpeza dos condutos de ventilación e o selado das ventás ao exterior.

Unha vez rematadas as obras e realizados os traballos de limpeza, o Servizo de Medicina Preventiva do Hospital da Costa realizou as correspondentes tomas de mostras e medicións coa finalidade de garantir a máxima bioseguridade dos quirófanos e o seu correcto illamento e esterilización. Unha vez analizados os resultados e confirmada a seguridade do bloque cirúxico, o Hospital da Costa volve a poñer en marcha toda a área e a retomar este luns a actividade cirúrxica habitual tralo período vacacional.

Vinte intervencións ao día

A área cirúrxica do Hospital da Costa foi inaugurada, tras unha renovación completa, levada a cabo en novembro de 2001. O Sergas investiu nesa reforma e ampliación máis de 4 millóns de euros (dos que máis de 3 millóns corresponderon á obra civil e preto de un millón a equipamento). Con esta gran reforma e ampliación, o Sergas dotou ao Hospital da Costa dunha área cirúrxica moderna e funcional.

A área cirúrxica do Hospital da Costa conta cunha superficie de preto de 1.500 metros cadrados, que albergan cinco quirófanos, unha zona de esterilización e cuartos de instalacións, entre outros espazos. Tamén ten unha área de cirurxía maior ambulatoria, con consulta, sala de adaptación ao medio, zona de control de enfermería, sala de espera e vestiarios, entre outros espazos.

Cada quiráfono conta con sistema de climatización independente que garante a máxima seguridade da zona, todo elo controlado por un complexo sistema informático que detecta calquera posible incidencia no seu funcionamento e cun sistema de autorregulación automático de maneira que, segundo as variacións de temperatura que se produzan dentro dos quirófanos, estas se autocorrixan de forma inmediata.

Os facultativos do Hospital da Costa realizan cada día unha media de 20 operacións programadas e urxentes nos quirófanos do Hospital da Costa e máis de 5.000 intervencións cirúrxicas anuais.

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en SANIDADE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2014
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: