• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de pesca 17 de setembro
Opinión »

Comisión de Pesca 17 de setembro

17, Setembro 2014 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, defendeu que a colaboración entre o ISM e o SERGAS

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR DIRIXIDA A AXILIZAR OS RECOÑECEMENTOS MÉDICOS DOS MARIÑEIROS

  •  A medida busca que os chequeos poderán realizarse nun so día limitando así a perda de actividade das traballadoras e traballadores que van a desenvolver a súa actividade laboral embarcados
  •  Causa sensación que PSOE, AGE e o BNG non voten a favor da iniciativa pois demostran que non son sensibles á realidade dos profesionais do mar, nin ás súas reivindicacións

 

Santiago, 17 de setembro de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou, sen ningún voto en contra, a iniciativa defendida polo voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, dirixida a axilizar os recoñecementos médicos que os mariñeiros teñen que facer, de xeito obrigatorio, con carácter previo ao embarque.

 A iniciativa popular establece un mandato ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para que asine un convenio de colaboración co Instituto Social da Mariña (ISM) -entidade encargada de efectuar este chequeos- para que poidan efectuar un intercambio mutuo de información médica e acceder aos sistemas informáticos que se estimen necesarios para cumprir as funcións de vixilancia e protección da saúde encomendadas a ambos organismos.

 Balseiro si indicou que lle causa unha sensación moi negativa que PSOE, AGE e o BNG non voten a favor desta iniciativa pois, con este comportamento, demostran que non son sensibles á realidade dos profesionais do mar e ás súas reivindicacións, entre as que están a necesidade de axilizar estes recoñecementos médicos

 PROBAS DIAGNÓSTICAS NUN SO DÍA

 O voceiro do Mar do Grupo Popular dixo que esta medida permitirá que estes recoñecementos previos ao embarque marítimo e as distintas probas poidan efectuarse nun só día, sen demoras, e sen necesidade de que os tripulantes perdan varias xornadas de traballo, o incluso mareas completas (se o barcos sae ao mar sen o mariñeiro que está a espera o seu chequeo), evitando os consecuentes prexuízos.

 Na actualidade estes recoñecementos médicos obrigan aos traballadores a permanecer en porto varios días durante os que o profesional do mar non pode realizar a súa actividade pesqueira. A axilización dos chequeos tamén permitirá –segundo Balseiro– a repetición de probas médicas e diagnósticas (análises sanguíneos, espirometrías, electrocardiogramas, etc) que en moitas ocasións xa se efectuaron nos centros sanitarios do SERGAS nun espazo temporal próximo pero ás que, na actualidade, non teñen acceso nin autorización de uso os profesionais médicos do ISM.

 GARANTÍAS DE CONFIDENCIALIDADE

 O voceiro do mar dos populares galegos salientou que, a consulta da información de carácter sanitario que figura nas devanditas bases de datos, permitirá obter uns resultados máis eficaces en materia de saúde laboral e unha máis eficiente protección da saúde destes traballadores. Con todo Balseiro, tamén quixo deixar claro que esta colaboración deberá efectuarse coa consecuente observancia das disposicións en materia de protección de datos de carácter persoal e as instrucións que poidan adoptarse para salvagarda do uso desta información que, en todo caso, sempre estará manexada por persoal sanitario.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2014
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: