Comisión de pesca 17 de setembro

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, lembrou que só en 2013 máis de 500 bateeiros solicitaron acollerse á convocatoria de axudas da Xunta dotada con máis de 1,5 millóns de euros, un orzamento ademais ampliable se fose necesario

A XUNTA PUXO EN MARCHA MÚLTIPLES MEDIDAS DE APOIO AO SECTOR MEXILLOEIRO GALEGO PARA PALIAR AS PERDAS ECONÓMICAS POLAS MAREAS VERMELLAS

2013041712560218141

  • Ademais a diferenza do que fixo o PSOE, o actual Goberno galego traballa para mellorar o regulamento comunitario que ampara estas axudas e conseguir que os requisitos para acceder a elas sexan menos esixentes que ata o de agora
  •  Salientou tamén as xestións da Xunta con Agroseguro na procura de mellorar as pólizas que dan cobertura ao sector ante este tipo de incidencias e a investigación, liderada polo CSIC e na que participa a Xunta, coa que se busca predicir as mareas

 

Santiago, 17 de setembro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu hoxe as múltiples medidas que a Xunta de Galicia puxo en marcha en apoio ao sector mexilloeiro galego dirixidas a paliar as perdas económicas polas mareas vermellas.

O parlamentario popular lamentou que o seu homólogo socialista “descoñeza toda esta batería de axudas e reclame apoios que xa existen”, en especial cando a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, deu conta delas en resposta a unha iniciativa do PSOE no último pleno, “da que, parece ser, fixeron oídos xordos”.

No tocante as axudas concretas Balserio comezou explicando as dirixidas a paliar ás perdas por biotoxinas e lembrou que só en 2013 máis de 500 bateeiros solicitaron acollerse á convocatoria de axudas da Xunta dotada con máis de 1,5 millóns de euros, “un orzamento ademais ampliable se fose necesario”.

Sobre esta convocatoria concreta, Balserio explicou ademais que, a diferenza do que fixo o PSOE, o actual Goberno galego traballa para mellorar o regulamento comunitario que ampara estas axudas e conseguir que os requisitos para acceder a elas sexan menos esixentes que ata o de agora.

Desde o Grupo Popular tamén puxeron en valor as xestión que a Xunta realiza coa entidade Agroseguro na procura de mellorar as pólizas que dan cobertura ao sector para este tipo de incidencias e salientaron as autorizacións que o Goberno galego aprobou para aumentar o número de cordas por bateas evitando así que a produción afectada pola toxina poida perderse, antes de que remate a marea.

Balseiro tivo unha especial mención ao traballo desenvolvido polo INTECMAR, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, de quen destacou “é un dos mellores centros existentes a nivel mundial” e que, “hoxe está a ser reforzado e potenciado pola Consellería do Medio Rural e do Mar tanto técnica como economicamente”.

 XA SE INVESTIGAN AS CAUSAS DA MAREAS VERMELLAS

Finalmente, no tocante á petición socialista para que se investigue as causas que provocan as mareas vermellas, o deputado popular sinalou que unha vez máis o PSOE “chega tarde” xa que a propia Xunta –a través do INTECMAR- forma parte e colabora nunha ambiciosa iniciativa do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que busca precisamente este obxectivo: predicir os episodios de biotoxinas, investigar as causas e ofrecer solucións. Sobre os resultados do mesmo, indicou Balseiro, teñen depositada a súa confianza