• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 17 de setembro
Opinión »

Opinión

20, Setembro 2014 por Admin B

“PSOE: Mariñeiros de auga doce”

Valoración resultados
Fronte a iso, os populares galegos seguiremos traballando en defensa dos profesionais do mundo do mar, con acertos e erros, pero co compromiso sincero de esforzarse por mellorar as cousas. Seguiremos facéndoo, contemos ou non co apoio da oposición, contemos ou non co apoio destes deputados despistados, mariñeiros de auga doce.

O pasado martes a Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego debatía unha iniciativa do Grupo Popular, da que fun autor, dirixida a axilizar os recoñecementos médicos que os profesionais do mundo do mar teñen que superar, de xeito obrigatorio, con carácter previo ao seu embarque.
 
Advertimos que, ata o de agora, estes chequeos poden prolongarse durante días, en función das probas que teñan que realizar. Ademais, a falta de acceso dos doutores do ISM ao historial médico do SERGAS, obrigaba a repetir analíticas que, nalgunhas ocasións, acaban de facerse fai poucas semanas.
 
Os populares quixemos facernos eco dunha demanda reiterativa nas nosas visitas aos portos ou ás confrarías. Quixemos propoñer solucións e formular un mandato expreso á Xunta para que, asinando un convenio co ISM, colaborasen para axilizar os chequeos.
 
A iniciativa foi aprobada co respaldo dos deputados do PP, pero non contou co voto favorable dos grupos da oposición, que se abstiveron. Soprendeunos que PSOE, AGE e o BNG non sexan sensibles á realidade dos profesionais do mar, aínda que non é a primeira vez que acontece, por esta obsesión enfermiza por non coincidir co PP, aínda que sexa sumando forzas para impulsar iniciativas obxectivamente positivas.
Os nacionalistas xustificaron a súa imprudente actitude, en que a nosa petición era propaganda. Negándonos o dereito a levar ao Parlamento, casa de todas as galegas e galegos, aquelas propostas que consideramos positivas para a mellora das condicións profesionais do mariñeiros, abrindo o debate, ademais, as achegas que poidan realizar os grupos da oposición.
 
Pero sen lugar a dúbidas a actitude máis torpe foi a manifestada polo voceiro de pesca socialista, o mariñán Jose Ramón Val Alonso, quen acusou ao PP de intentar beneficiar só aos armadores. O Sr. Val, foi delegado de Pesca durante o bipartito pero continúa fóra da realidade dos nosos portos. Parece mentira que haxa que explicarlle que, por exemplo, un mariñeiro de Gran Sol, que ten que esperar varios días para rematar o recoñecemento médico, pode perder unha marea, porque o barco se ten que saír non espera, co consecuente prexuízo,  perda de salario e trastorno laboral e familiar.
 

Non se enganen. Non se trata de máis ou menos experiencia, nin de falta de preparación dos debates nos que participan, senón de puro desprezo pola verdade. Fronte a iso, os populares galegos seguiremos traballando en defensa dos profesionais do mundo do mar, con acertos e erros, pero co compromiso sincero de esforzarse por mellorar as cousas. Seguiremos facéndoo, contemos ou non co apoio da oposición, contemos ou non co apoio destes deputados despistados, mariñeiros de auga doce.

 
Jose Manuel Balseiro – Voceiro do Mar dos populares galegos

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General | Etiquetado MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2014
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: