Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Outubro 2014

Orzamentos 2015

A Consellería do Medio Rural e do Mar disporá para 2015 dun orzamento que supera os 569,7 millóns de euros, aos que cómpre engadir os recursos aínda pendentes procedentes do Fondo Marítimo e da Pesca, que farán crecer as contas deste deparamento por riba do 8 %, máis que a suba global da Xunta

O GRUPO POPULAR DI QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA EN 2015 SON “A MELLOR FERRAMENTA QUE PODEMOS DARLLES AOS NOSOS AGRICULTORES, GANDEIROS, PESCADORES E MARISCADORAS”

 Sin título

  • Os populares acusan a oposición de manter un discurso catastrofista, alleo á realidade, que segue un argumentario predefinido e que non cambia ano tras ano, a pesar da variación do contido dos orzamentos

(máis…)

Read Full Post »

Pleno 29/10 b

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, asegurou que a Xunta sempre estará do lado das demandas dos profesionais do xeito e repasou as distintas xestións promovidas polo Goberno galego para evitar que Europa prohiba o uso destas redes

O GRUPO POPULAR CUALIFICA DE “ENGANO MASIVO” A INICIATIVA DE AGE SOBRE A FLOTA DO XEITO E PIDE QUE A OPOSICIÓN APOIE AS INICIATIVAS IMPULSADAS POR XUNTA E FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS

 Tribuna

  • Se Galicia incumpre a lexislación comunitaria e unilateralmente permite a pesca da sardiña en augas interiores incorrería nunha situación ilegal que implicaría sancións por sobrepesca
  • Os populares fan un chamamento ao consenso e demandan unha fronte política común en defensa dos intereses de Galicia en Europa

  (máis…)

Read Full Post »

Pleno 29/10

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, explica que o plan destacará tres aspectos básicos deste produto: a súa máxima calidade, o seu prestixio gastronómico e nutricional e as súas totais garantías de salubridade

O PARLAMENTO APROBA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA IMPULSAR UNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN E POSTA EN VALOR DO MEXILLÓN DE GALICIA 

mejillon

  • A iniciativa permitirá contrarrestar tamén as consecuencias que para o sector puideron supoñer a sucesión das mareas vermellas dos últimos meses
  •  Os populares sempre defenden a diferenciación do mexillón galego e, no tocante á normativa de etiquetaxe, demandan un acordo entre produtores e toda a cadea de transformación

(máis…)

Read Full Post »

Previsión de posta en servizo

Así o adiantan os deputados populares, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez Sierra tras manter un encontro coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, quen lles confirmou as previsións para a posta en marcha deste novo servizo

PACIENTES CON CANCRO RECIBIRÁN QUIMIOTERAPIA NO HOSPITAL DA COSTA ANTES DE FINAIS DE ANO

 burela_02

  • Sanidade ultima a organización desta nova prestación pública sanitaria en coincidencia co inminente remate das obras da nova sala de tratamentos oncolóxicos no centro hospitalario da Mariña
  • A medida porá fin ao desprazamento de entorno a 80-100 veciños da comarca que cada ano son diagnosticados desta enfermidade e precisan desprazarse aos hospitais de Lugo ou da Coruña

  (máis…)

Read Full Post »

Orzamentos Xunta 2015

Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra, acompañados por alcaldes e portavoces da comarca, analizaron as contas autonómicas para o ano próximo

O GRUPO POPULAR ELEVA A MÁIS DE 21 MILLÓNS DE EUROS OS INVESTIMENTOS DA XUNTA CON DESTINO CONCRETO NA MARIÑA LUCENSE

B0d_Fg9IEAAA7Dn

 

  • O tramo Celeiro-San Ciprián do corredor, a estrada de acceso ao porto de Burela e o inicio das obras de ampliación do Hospital da Costa, principais actuacións para o ano próximo

 

  • A Xunta consigna 500.000 euros para o convenio con Alcoa, 415.000 euros para o consorcio de abastecemento Cervo-Burela, 343.253 euros para rematar o residencia de Foz e 163.196 euros para o polígono industrial de A Pontenova

  (máis…)

Read Full Post »

Mar

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, reitera que a Xunta remitiu fai meses a Bruxelas as alegacións en defensa da flota do xeito, como demostra o feito de que teñen requirido información adicional

O GRUPO POPULAR DENUNCIA O CINISMO E A HIPOCRESÍA DOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN QUE TEÑEN UN DISCURSO EN GALICIA E OUTRO DISTINTO EN EUROPA

 PESCA EUROPA

  • Esixe a Vence (BNG) que explique aos mariñeiros por que a súa eurodeputada a tempo parcial se integra nos Verdes Europeos que promoven este tipo de iniciativas de prohibición e recortes nas cotas de pesca
  • Insisten en que AGE formula unha proposta enganosa a sabendas de que a pesca de sardiña en augas interiores non pode quedar exenta da aplicación da normativa comunitaria

(máis…)

Read Full Post »

Comisión Montes 21/10b

A preguntas do voceiro popular no Parlamento de Galicia, a Xunta confirma que dos 67 concellos desta provincia só oito non asinaron os convenios de colaboración coa Xunta

BALSEIRO CENSURA AOS ALCALDES LUCENSES QUE RENUNCIARON ÁS BRIGADAS FORESTAIS E OS ACUSA DE SER UN OBSTÁCULO NA LOITA CONTRA OS LUMES

 la foto

  • Os alcaldes de A Pontenova, Ribadeo, Monforte de Lemos, Pol, Becerreá e Castroverde responderon negativamente ao ofrecemento da Xunta. Rábade e Valadouro non contestaron ó requirimento. E o concello de Incio primeiro amosou interese na firma do convenio e logo renunciou

(máis…)

Read Full Post »

Older Posts »

%d bloggers like this: