Axudas da Xunta

O voceiro da área forestal do Grupo Popular sinala que estes apoios están dotados cunha achega que supera os cinco millóns de euros

BALSEIRO ANIMA A ACOLLERSE Á CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O COIDADO E CONSERVACIÓNS DOS MONTES

 10302174_677481992347424_3764351741328047437_n

  • Teñen por finalidade fomentar a realización de traballos silvícolas tales como podas, rozas, rareos, trituración de restos forestais e outros tratamentos

 

 

Santiago, 2 de outubro de 2014.- O voceiro do Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, animou aos propietarios forestais lucenses a acollerse á convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para o coidado e conservación dos montes, unha liña de apoios que o Goberno galego abrirá a partir de mañá e que poderán solicitarse ata o vindeiro mes de novembro.

 As axudas, en concorrencia competitiva, teñen por finalidade fomentar a realización de distintos traballos silvícolas, por exemplo, os rareos en masas de coníferas, rozas previas ás podas, tratamentos en árbores caducifolias, sobreiras e aciñeiras, rexeneración ou mellora de soutos de castiñeiros e tratamentos en masas de eucaliptos.

O Goberno galego destinará para este fin, na presente convocatoria unha achega que supera os cinco millóns de euros da que poderán beneficiarse, previa solicitude, moi diversos destinatarios tales como os propietarios de montes ou as sociedades que os agrupan, cooperativas agrarias, comunidades de bens, entidades locais ou comunidades de montes en man común

O portavoz popular empraza a aproveitar os fondos que se poñen a disposición do sector forestal impulsando unha iniciativa que busca mellora a situación das masas forestais e tratar, coidar e conservar miles de hectáreas de monte.

Sinala tamén que a provincia de Lugo é un espazo de aplicación preferente destas axudas tendo en conta que só aquí atopámonos con máis dun millón de hectáreas de masa forestal (incluído matogueiras), e a súa superficie arborada é do 67% do total do seu solo o que equivale a 658.842 hectáreas. Os montes lucenses son ademais obxecto de aproveitamento por miles de particulares e constitúen un referente de boas prácticas e correcta ordenación para o resto de Galicia.