Acción Costeira

O voceiro do Mar do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego gabou os esforzos da Consellería do Medio Rural e do Mar e os traballos dos equipos directivos dos GAC “para promocionar, fomentar e poñer en valor os recursos relacionados coa pesca e co turismo”

BALSEIRO SALIENTA O APOIO DA XUNTA QUE ACHEGA MÁIS MEDIO MILLÓN DE EUROS PARA FINANCIAR OS PROXECTOS APROBADOS POLO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA DA MARIÑA E ORTEGAL

PropA

  • Gran parte das axudas están destinadas a concellos, entidades sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais e turísticas, que comparten un punto común: a súa relación co mundo do mar e da pesca

 

 

Viveiro, 3 de outubro de 2014.- O portavoz do Mar do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, quixo salientar hoxe o apoio da Xunta de Galicia ofrece coa achega de máis de medio millón de euros (534.271,04 €) para impulsar diversos proxectos aprobados polo Grupo de Acción Costeira da Mariña e Ortegal.

 O parlamentario popular sinalou que gran parte destas axudas están destinadas a concellos, entidades sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais e turísticas. Salientou tamén que todas elas comparten un punto común: como é a súa a súa relación co mundo do mar e da pesca.

 Balseiro gabou os esforzos da Consellería do Medio Rural e do Mar e o traballo desenvolvido polos equipos directivos dos GAC que se encargaron do asesoramento, estudo e aprobación das iniciativas subvencionadas e tamén o papel dos promotores dos distintos proxectos impulsados co obxectivo de promocionar, fomentar e poñer en valor os recursos relacionados coa pesca e co turismo.

 Entre os proxectos produtivos financiados destaca a axuda a Talleres Cillero SAL, por importe de 150.000 euros, á iniciativa de multiaventura e medio ambiente Maremasma SL con 85.648,12 euros ou o apoio á conserveira Mar de Ardora SL para a posta en marcha dunha nova liña de produción para produto deshidratado en vexetais mariños (algas)

 

Proxectos produtivos
Proxecto Beneficiario/a Total
GAC1-124 «Maremasma» Multiaventura e medio ambiente Maremasma, S.L. 85.648,12
GAC1-119 «O Cabaliño do Mar»: centro de ocio infantil Centro Ocio Infantil Xove, S.L.U. 30.064,69
GAC1-132 Nova liña de produción para produto deshidratado en vexetais mariños (algas) Conservas Mar de Ardora, S.L. 14.826,56
GAC1-136 Envasado de peixe fresco Descaexport, S.L. 16.845,99
GAC1-147 Sendeiros no mar Actficom, S.L. 43.784,40
GAC1-129 Creación dun servizo de construción e reparación de buques Talleres Cillero, S.A.L. 150.000,00
GAC1-135 Venda, reparación e revisión de material de salvamento marítimo-pesqueiro Suministros San Ciprián, S.L. 72.967,02
GAC1-134 «Navalnor»-Habilitación naval Navalnor, S.L. 33.579,10
447.715,88

No tocante aos proxectos non produtivos, as achegas financian distintas iniciativas impulsadas pola confraría de pescadores de San Ciprián, Barqueiro-Bares e polos concellos de Xove, O Vicedo ou Cedeira

 

Proxectos non produtivos
Proxecto Beneficiario/a Total
GAC1-127 «Portiño»: mellora do sector pesqueiro e marisqueiro da Confraría de San Cibrao Confraría de San Cibrao 14.859,21
GAC1-130 Mellora das condicións de traballo das mariscadoras do Barqueiro Confraría do Barqueiro-Bares 12.322,00
GAC1-139 «Xove mirando o Mar» Concello de Xove 9.333,81
GAC1-131 «O Vicedo sabe a mar» Concello do Vicedo 21.289,75
GAC1-144 I Exaltación do percebe Concello de Cedeira 28.750,39
86.555,16
TOTAL INVESTIMENTOS GAC-1 534.271,04

 

DINAMIZAR A ZONA COSTEIRA

 En Galicia a Consellería do Medio Rural e do Mar é o ente xestor dos fondos europeos de pesca e como tal apoia economicamente aos proxectos seleccionados polos Grupos de Acción Costeira. Con estas axudas o Goberno pretende potenciar as fortalezas das nosas zonas costeiras e entidades do ámbito do mar e da pesca