O futuro do noso hospital

Para os populares o Goberno galego está centrando os seus esforzos en facer un hospital público moderno, innovador e de máis calidade para unha mellor atención da saúde dos veciños da Mariña lucense

 Balseiro salienta que o proxecto da Xunta “vai moito máis aló dunha simple ampliación” do Hospital da Costa “supón unha remodelación integral que contará cun investimento que superará os 19 millóns de euros”

 20120505-011147.jpg

  • Sinala que ao investimento das obras hai que sumar os novos equipamentos, as dotacións tecnolóxicas e os postos de traballo que se crearán para atender as novas instalacións
  • Esixe á oposición e plataformas afíns que “non poñan obstáculos e sementen dúbidas” para que esta futura ampliación sexa unha realidade e sinalan que de comportarse así sería unha “traizón á Mariña”

 

A Mariña, 07 de outubro de 2014.- Os responsables do Partido Popular da Mariña, alcaldes e portavoces municipais mantiveron un encontro coordinado polo secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, durante o cal quixeron facer unha valoración da visita onte da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para explicar aos profesionais sanitarios e medios de comunicación as liñas mestras entorno ás que se desenvolverá a ampliación do Hospital da Costa.

 MÁIS QUE UNHA SIMPLE AMPLIACIÓN: REMODELACIÓN INTEGRAL

 Os populares salientaron que o proxecto que impulsa o Goberno galego “non se trata dunha simple ampliación”, porque ademais da creación dun novo parking, que triplicará as prazas de aparcamento dispoñible, e das novas edificacións “que sumarán máis de 4.000 metros cadrados de espazos asistencias”, desenvolverase tamén unha ampla remodelación nos edificios actualmente existentes.

 “Ampliaremos e remodelaremos o hospital e, como resultado teremos un centro máis espazoso, con calidade e capacidade para resolver varios retos, como son os que representa a nova unidade de diálise, o hospital de día, o novo acceso para os pacientes, a mellora a circulación interior ou a disposición de máis habitacións… entre outras melloras”-sinalou Jose Manuel Balseiro.

 RESPALDO ORZAMENTARIO

 Os populares tamén valoraron o anuncio efectuado pola titular do departamento autonómico de Sanidade cando explicou que o ano próximo, en 2015, nos orzamentos da Xunta, figurará unha partida para a ampliación do hospital o que, sinalan, “blinda esta actuación”. Neste senso Balseiro insistiu que, no cronograma exposto pola conselleira, prevese licitiar nos primeiros meses de 2015 as obras e posteriormente adxudicalas e, con anterioridade, presentarase a redacción definitiva do Plan director, isto é, do proxecto construtivo do centro, que está aberto ás achegas dos profesionais, que será en todo momento consulados.

 Para Balseiro o Goberno galego está centrando os esforzos “en facer un hospital público moderno, innovador e de futuro” para A Mariña ata tal punto que, en tempos de crise a Xunta “quere facer posible o maior investimento hospitalario da historia de nosa comarca”

 O secretario xeral dos populares lucenses quixo alcarar que a valoración final das obras superará amplamente os 19 millóns de euros,” xa que logo aos 12 millóns nos que está orzamentada debe sumarse o IVE, o beneficio empresarial e outras melloras”. Pero é que ademais, tanto os novos edificios como os novos servizos “deben ser equipados, con mobiliario e tecnoloxía, e con máis persoal, que permitirá a creación de novos postos de traballo, polo que o investimento será moito maior”.

 CONFIANZA EN FEIJÓO

 Os populares da Mariña reafirman a súa confianza no Presidente Feijóo, no Goberno da Xunta e no seu compromiso co Hospital que, lembran xa se ten materializado nestes últimos anos con máis de 2,2 millóns de euros en investimentos

“Falamos de feitos como a nova ala de maternidade e xinecoloxía, a nova sala de endoscopias dixestivas, a adaptación de novos espazos en urxencias, a posta en marcha do servizo de hospitalización a domicilio, a obra a dos quirófanos ou a nova área dedicada a tratamentos de quimioterapia, … entre outros”- dixo Balseiro

ESIXE Á OPOSICIÓN E AFÍNS QUE NON SEXAN UN OBSTÁCULO

Finalmente os populares cualificaron de “traizón á Mariña” que os partidos da oposición e sindicatos “poñan obstáculos e sementen dúbidas” anta unha infraestrutura sanitaria “histórica para a comarca”, e que permitirá mellorar a atención da saúde de todos os veciños da Mariña. Os populares sinalan que desde a oposición deberán pedir por tantos anos de engano, cando daban por feito o peche do hospital e volven a reclamar que “non poñan paos nas rodas para que esta futura ampliación sexa unha realidade”

 Balseiro volveu a insistir, fronte a desconfianza da oposición que “hai proxecto, hai orzamento … Hai que ter en conta que a Xunta asumiu o compromiso formal da ampliación e remodelación do hospital público da Mariña a pesares da comprometida situación económica e do investimento cero que herdamos do bipartito, incapaz de facer unha soa obra.

O secretario xeral dos populares lucenses rematou sinalando que “nunca antes avanzamos tanto, nunca antes a ampliación e remodelación do hospital estivo tan próxima, ata o punto de que este investimento asegura a viabilidade do centro e converte a un hospital comarcal nun centro con características dun hospital xeral, e máis de 500 traballadores ao seu servizo”