• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« O futuro do noso hospital
OPINIÓN: Feliz aniversario! »

Emprego

9, Outubro 2014 por Admin B

Preto dunha vintena de concellos lucenses dispoñen de persoal técnico subvencionado pola administración autonómica para realizar distintas labores de información e orientación e busca de emprego

A XUNTA DESTINOU 317.000 EUROS PARA OS SERVIZOS DE ORIENTACIÓN DE EMPREGO PROMOVIDOS NA PROVINCIA DE LUGO

 Balseiro

  • As achegas do Goberno galego permiten desenvolver distintas iniciativas dirixidas á mellora da capacidade de inserción laboral das persoas desempregadas a través de apoios profesionais personalizados

 Lugo, 9 de outubro de 2014.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, sinalou hoxe que a Xunta de Galicia vén de conceder axudas por preto de 317.000 euros para os servizos de orientación de emprego promovidos na provincia de Lugo.

 UNHA VINTENA DE ENTIDADES LOCAIS

 Máis en concreto, o Goberno galego achega os recursos económicos necesarios para que preto dunha vintena de concellos poidan contratar ou prorrogar ao persoal técnico que se encarga de realizar o asesoramento en materia de información, orientación e busca de emprego.

 Na relación de beneficiarios están os municipios de Portomarín, Quiroga, Cervo, Cervantes, Burela, Guitiriz, Sober, Viveiro, Láncara, Sarria, Lugo, Ribadeo, Foz e Vilalba e tamén a Deputación de Lugo, No caso dos concellos con máis de 5.000 habitantes dispoñen deste servizo en exclusiva, os que teñen menos desta poboación ofrecen o servizo en colaboración con concellos limítrofes, sendo os mencionados a súa sede

 ORIENTACIÓN PERSONALIZADA

 Balseiro explicou que grazas ao apoio económico do Goberno galego estes profesionais especializados, que están en contacto e colaboración permanente co Servizo Público de Emprego de Galicia (oficinas de emprego), exercen as súas funcións desde a sede dos distintos concellos mencionados, onde executan distintas iniciativas dirixidas á mellora da capacidade de inserción laboral das persoas desempregadas e incluso ofrecen apoio profesional personalizado, segundo as circunstancias dos usuarios que se achegan a este servizo.

 As achegas achéganse aos 400.000 euros se ás subvencións percibidas polas entidades locais lucenses sumamos unha axuda de 80.000 euros para este mesmo servizo outorgada a Confederación de Empresarios Lucenses. No conxunto de Galicia, con estes apoios, é posible contar cunha rede pública de técnicos de orientación laboral composta por 462 profesionais.

 

SAÚDOS

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2014
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: