• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 14/10/2014
Avanza o proxecto de ampliación do Hospital da Costa »

Comisión de Pesca 14/10/2014b

14, Outubro 2014 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos coincidiu co Presidente de Portos de Galicia en amosar a súa satisfacción polo aval xudicial ao traballo que se desenvolveu desde a Administración autonómica

A SENTENZA SOBRE O PORTO DEPORTIVO DE VIVEIRO RESPALDA A LIÑA DE RIGOR SEGUIDA POLA XUNTA PARA VELAR POLA MELLORA DOS SERVIZOS PORTUARIOS

 diputacionperman02.10

  • Sinala que o Goberno local ademais de facer fronte ás indemnizacións tería que pedir perdón aos usuarios do porto deportivo e asumir a súa incompetencia porque case malogran unhas instalacións básicas para a promoción turística do municipio

Santiago, 14 de outubro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, sinalou que a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo que condena ao Concello de Viveiro pola mala xestión das instalacións do porto deportivo, cando estas eran unha concesión municipal, “respaldan a liña de traballo que con rigor e profesionalidade seguiuse desde Portos de Galicia para velar pola mellora dos servizos portuarios que se lle prestan aos seus usuarios”.

 Así o asegurou o deputado popular no transcurso da Comisión de Pesca do Parlamento galego que tivo lugar esta tarde e na que o Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán aclarou varios aspectos do contido desta sentenza, así como amosou a súa satisfacción, compartida polo Grupo Popular, polo aval xudicial ao traballo que se desenvolveu desde a Administración autonómica e que consistiu fundamentalmente en dar por caducada a concesión, feito que aconteceu no ano 2011, e poñer en marcha un novo concurso, para garantir a calidade do servizo.

En primeiro lugar que a Xustiza declara textualmente “a inexistencia de responsabilidade patrimonial de Portos de Galicia” e, en segundo lugar, que a mesma sentenza atribúe dita responsabilidade patrimonial cos usuarios que adquiriron un amarre á concesionaria do porto deportivo, a sociedade Turviveiro e ao Concello de Viveiro

PEDIR PERDÓN

 Balseiro foi máis lonxe e asegurou que o Goberno local ademais de facer fronte ás indemnizacións de xeito inmediato, tería que pedir perdón aos usuarios do porto deportivo e asumir a súa incompetencia, pola que case malogran unhas instalacións básicas para a promoción turística do municipio.

 O deputado popular aplaudiu tamén que, como consecuencia da relación de incumprimentos nos que incorreu o Concello, e a falta dos investimentos comprometidos, a o Goberno galego viuse obrigado a actuar para garantir o bo funcionamento da concesión

“Portos de Galicia, como outorgante da concesión, ten a obriga de velar polo respecto das condicións que a suxeitan e así o fixemos. Mantivemos en todo momento o control e supervisión sobre o funcionamento desta concesión e cando tivemos constancia de irregularidades actuamos, como era a nosa responsabilidade”, asegurou Jose Juan Durán

Ademais, en aras da maior transparencia da acción da Administración Pública, Portos de Galicia e en concreto eu mesmo, comparecín ante esta Comisión en varias ocasións para dar explicacións sobre o proceso de caducidade desta concesión

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2014
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: