• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Avanza o proxecto de ampliación do Hospital da Costa
Orzamentos Xunta 2015 »

Arte do xeito

17, Outubro 2014 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos sinala que a dirixente nacionalista é moi dada a confundir á opinión pública e dar imaxe de traballo en Europa a favor da nosa pesca cando non fixo nada

BALSEIRO ACUSA A ANA MIRANDA DE MONTAR UNHA CORTIÑA DE FUME PARA TAPAR QUE OS SOCIOS DO BNG EN EUROPA SON PROCLIVES Á PROHIBICIÓN DO XEITO

 PropA

  • Os nacionalistas non foron capaces de convencer aos deputados do grupo parlamentario europeo no que se integran (Os Verdes/Alianza Libre Europea) e tampouco cos que foron coaligados nas eleccións (Bildu) de que desistiran de incluír a arte do xeito entre as que Europa pretende prohibir.

 

  • Os populares confirman que a Xunta si fixo as alegacións oportunas, xunto co Ministerio e a Federación Galega de Confrarías, para que a UE estableza unha prohibición das artes de enmalle á deriva que non inclúa ao xeito.

 

Santiago, 14 de outubro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, acusa á dirixente nacionalista Ana Miranda de montar unha cortiña de fume para tapar que os socios do BNG en Europa son proclives á prohibición das artes de deriva, entre elas o xeito, e que mesmo están entre os instigadores desta proposta normativa.

Balseiro explicou que o BNG ten un gran traballo que facer, xa que non foi capaz de convencer aos deputados do grupo parlamentario europeo no que se integran (Os Verdes/Alianza Libre Europea) e tampouco cos que foron coaligados nas eleccións (Bildu) de que desistiran de incluír a arte do xeito entre as que Europa pretende prohibir para o seu uso pesqueiro.

 O voceiro do Mar dos populares galegos foi moi crítico coa dirixente nacionalista de quen asegurou que é moi dada a confundir á opinión pública e dar imaxe de traballo en Europa a favor da nosa pesca cando non fixo nada. De feito nin tan sequera é eurodeputada e acude ás xuntanzas da Comisión de Pesca da Eurocámara como simple oínte para despois desvirtuar o traballo que fan, en defensa dos intereses pesqueiros galegos, os representantes populares, especialmente Francisco Millán Mon. Mesmo subliñou que Ana Miranda gabouse de terse reunido coa relatora desta norma no Parlamento Europeo, a socialista Renata Briano, para comunicarlle a importancia do xeito cando xa había semanas que este asunto lle fora trasladado dentro dunha Comisión de Pesca na Cámara europea por parte dos eurodeputados galegos.

 PROCESO DE CONSULTAS

 Balseiro aclara que o trámite de consultas aberto pola Comisión Europea en 2013, ao que fai referencia Ana Miranda, non é un proceso decisorio, senón un espazo de participación da sociedade, no que por exemplo, formularon propostas desde países de fóra da Unión Europea como Suíza ou anónimos como un participante que se identificou como “Pescador Lúdico”.

 Jose Manuel Balseiro aclarou que fai meses, en xuño, a Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores e xunto ao MAGRAMA, formulou oficialmente as alegacións oportunas para, excluír a arte do xeito da prohibición xenérica que o ano próximo pretenden impoñer desde Europa sobre o uso de redes de deriva.

 Os populares aclaran que este era o momento procesual oportuno, para dar testemuña da oposición ante esta prohibición que, aínda hoxe está a formulada en fase de proceso decisorio, polo que desde o Grupo Popular sinalan que é o tempo de convencer de que o xeito non sexa tratado como as grandes redes de deriva, xa que son artes tradicionais e está demostrado que exercen unha presión sobre os recursos moito menor.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2014
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: