Orzamentos 2015- A Xunta na Provincia de Lugo

Definen aos orzamentos da Xunta para 2015 como unhas contas rigorosas que demostran o compromiso do Goberno Galego cos lucenses

LUGO VOLVE A SER A PROVINCIA GALEGA CON MÁIS INVESTIMENTO POR HABITANTE

Sin título2

  • Lugo recibirá 732 euros por habitante, fronte aos 673 €/hab de Ourense, 401 €/hab da Coruña e 396 €/hab de Pontevedra
  • Salientan que, con respecto ao 2014, prodúcese un incremento do 64% nas achegas da Consellería de MATI, 37 millóns de euros máis na provincia lucense que disporá de 42,25M€ en investimentos para estradas
  • Pon en valor a partida orzamentaria para a VAP Sarria- Monforte, de 18,87M€, producíndose unha suba de 11 millóns de euros con respecto ao ano pasado e do corredor Celeiro e San Cibrao con 9,64M€
  • A partida de augas tamén crece con respecto ao ano pasado, concretamente unha suba de 23.66 M€, así coma na de vivenda, onde pasamos de 3.22 M€ a 7,29 M€ con respecto ao 2014

Lugo 20 de outubro de 2014.- Os populares salientan que Lugo volve a ser a provincia galega con máis investimento por habitante en 2015. Así o aseguran tras coñecerse os primeiros datos dos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano próximo segundo os que Lugo recibirá 732 euros por habitante, fronte aos 673 €/hab de Ourense, 401 €/hab da Coruña e 396 €/hab de Pontevedra

 Desde o PP de Lugo describiron os Orzamentos da Xunta para 2015 como unhas contas rigorosas que demostran o compromiso do Goberno Galego coa provincia e mostraron a súa satisfacción por ser a provincia con maior investimento por habitante de Galicia para 2015.

 INFRAESTRUTURAS

 Destacaron os populares as inversións da Consellería de MATI, quen incrementou NUN 64%, sumando 37 millóns de euros a partida con respecto ao ano pasado. Manifestaron que mentres o ano pasado, a inversión de MATI para Lugo foi de 57,82M€ este ano é de 94,87 M€.

 Dos investimentos do departamento que dirixe Ethel Vázquez, os populares resaltaron o incremento de máis de 12M€ en estradas da provincia puxeron en valor a partida orzamentaria para a VAP Sarria- Monforte, de 18,87 M€, producíndose así unha suba de 11 millóns de euros con respecto ao ano pasado (no 2014 foi de 7.97M€) Tamén explicaron que o tramo do corredor entre Celeiro e San Cibrao contará con 9.64M€

 Resaltaron os populares que na partida de augas tamén se produce un incremento con respecto ao ano pasado, concretamente unha suba de 23.66 millóns de euros, así coma na de vivenda, onde pasamos de 3.22 M€ a 7,29 M€

 A importancia das inversións en estradas contempladas no documento, que se duplica con respecto ao ano pasado. Salientan os populares que no ano 2014 a inversión da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, para estradas foi de 29,94M€ e este ano é de 42,25%.

 Resaltaron os populares os 18,87 M€ que destina a Consellería de MATI para a VAP Sarria- Monforte, o que significa un incremento de 10.9M€ con respecto ao 2014.