• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Orzamentos 2015- A Xunta na Provincia de Lugo
Comisión Montes 21/10b »

Comisión de Montes 21/10

21, Outubro 2014 por Admin B

No transcurso da Comisión de Agricultura, Alimentación e Montes do Parlamento de Galicia

BALSEIRO LEMBRA QUE XA EXISTE UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN CONTRA A AVESPA ASIÁTICA E ANIMA A INTENSIFICAR A LOITA CONTRA ESTA ESPECIE INVASORA

 1024px-Vespa_vélutina

  • O Programa de Vixilancia e Control, consensuado cos apicultores, contempla medidas de vixilancia activa e pasiva e iniciativas de divulgación á cidadanía e cursos de formación específicos para profesionais e servizos de emerxencia

 

Santiago, 21 de outubro de 2014.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que a Xunta de Galicia xa ten en marcha un protocolo de actuación contra a avespa asiática, e animou a intensificar, tal e como está a facer a Xunta, os medios de loita contra esta especie invasora

 EMENDA Á INICIATIVA DO BNG

 Así o aclarou o deputado popular no seo da Comisión de Agricultura, Alimentación e Montes celebrada esta mañá no Parlamento de Galicia, onde os populares rexeitaron unha iniciativa do BNG na que se demandaban iniciar distintas accións “que o Goberno galego xa ten en marcha”.

 “Os populares rexistramos unha emenda instando á Xunta a continuar co desenvolvemento deste protocolo, que o BNG non debera descoñecer, nin desprezar, porque ademais foi consensuado cos propios profesionais e cos apicultores, e que xa se leva aplicando desde que se detectou a presenza desta especie, na nosa Comunidade”

 PROGRAMA DE VIXILANCIA

 Balserio aclarou que o Programa de Vixilancia e Control fronte á avespa asiática xa inclúe as medidas que os nacionalistas pedían que se impulsases. En concreto, o Goberno galego elaborou un plan de actuación que incorpora accións de vixilancia activa (capturas de avespas mediante trampas, retirada de niños polos servizos de emerxencia), medidas de vixilancia pasiva (protocolización dos avisos por parte da cidadanía da posible existencia de niños) e accións divulgativas (dirixidas á sociedade e cursos de formación específicos para o persoal implicado no recoñecemento e retirada de niños)

 A maiores a Xunta xa   dispón de información actualizada sobre a extensión e distribución desta avespa en Galicia, a través dos resultados obtidos do programa de vixilancia e control desenvolto durante o ano 2014 e que resulta accesible  no apartado de apicultura na páxina web da Consellería

 COMPARATIVA CON OUTRAS ZONAS

Finalmente  Balserio lembrou que si comparamos a nosa situación coa existente en Francia –onde a avespa xa chegou fai dez anos– a administración solo se ocupa de retirar os niños con evidente perigo para as persoas (parques, zonas habitadas, etcétera) sendo os apicultores quen se encargan directamente de retirar os niños restantes e cargando os custes aos propietarios dos terreos. “Parece evidente que a implicación da Xunta é moito maior, como corresponde a un compromiso máis fondo na loita contra esta especie”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MEDIO RURAL, MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2014
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: