• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Montes 21/10
Mar »

Comisión Montes 21/10b

21, Outubro 2014 por Admin B

A preguntas do voceiro popular no Parlamento de Galicia, a Xunta confirma que dos 67 concellos desta provincia só oito non asinaron os convenios de colaboración coa Xunta

BALSEIRO CENSURA AOS ALCALDES LUCENSES QUE RENUNCIARON ÁS BRIGADAS FORESTAIS E OS ACUSA DE SER UN OBSTÁCULO NA LOITA CONTRA OS LUMES

 la foto

  • Os alcaldes de A Pontenova, Ribadeo, Monforte de Lemos, Pol, Becerreá e Castroverde responderon negativamente ao ofrecemento da Xunta. Rábade e Valadouro non contestaron ó requirimento. E o concello de Incio primeiro amosou interese na firma do convenio e logo renunciou

 

Santiago, 21 de outubro de 2014.- O voceiro da área de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, censurou hoxe a actitude seguida pola “exigua minoría de alcaldes lucenses” que renunciaron a crear nos seus concellos as brigadas forestais e os acusou de ser “un obstáculo” nos esforzos que administracións de toda índole realizan en materia de prevención e loita contra os lumes nos montes.

O deputado popular, que formulou unha iniciativa interesándose por este asunto no transcurso da Comisión de Agricultura celebrada esta mañá na Cámara galega, obtivo a confirmación da Xunta quen, a través do secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto, corroborou en sede parlamentaria, que dos 67 concellos desta provincia tan só oito non asinaron os convenios de colaboración coa Xunta.

Balseiro volveu a cualificar esta actitude dos “rexedores insumisos” como “imprudencia temeraria” e sinalou a irresponsabilidade destes oito alcaldes que, non só puxeron en risco a riqueza natural e forestal dos seus concellos, negándose a dispoñer dun servizo de emerxencias e primeira intervención esencial en caso de incendios, senón que, ademais salientou, estas persoas permitíronse o luxo, no tempo no que estamos, de dar un portazo a unha oportunidade de crear emprego, a través da contratación dos integrantes das brigadas forestais

 RENUNCIAS, NEGATIVAS A CONTESTAR E DESESTIMENTO

A preguntas do deputado popular, o secretario xeral do Medio Rural e Montes foi describindo a casuística acontecida en cada un dos concellos de tal xeito que: No caso de A Pontenova, Ribadeo, Monforte de Lemos, Pol, Becerreá e Castroverde responderon negativamente ao ofrecemento da Xunta (e existe constancia da resposta documental o vía fax).

Polo que respecta a Rábade e O Valadouro, ambos municipios non contestaron ó requirimento da Xunta, feito que –segundo destacou Balserio- desminte as afirmacións realizadas polo alcalde deste último concello, cando aseguraba que si solicitou este apoio.

 Finalmente no tocante ao concello de Incio, primeiro a súa alcaldesa amosou interese na firma do convenio e logo renunciou alegando, por segundo ano consecutivo, falta de asignación no seu orzamento.

 INTERPELACIÓN AOS ALCALDES

 O parlamentario popular preguntouse que estarían a dicir estes alcaldes aos donos dos montes de ter acontecido un incendio importante. Un lume que podería ser controlado antes de dispoñerse de brigadas forestais ou de acometer os traballos de limpeza e prevención que estas brigadas tamén realizan. De feito, esta situación aconteceu en concellos como os de Ribadeo, que foi un dos que renunciou ás brigadas e despois sufriu un dos lumes máis relevantes da zona norte.

 Balseiro sinala finalmente que o feito de que estes alcaldes sexan unha minoría, demostra que a utilidade e eficacia das brigadas forestais tamén a observan moitos rexedores que non son do Partido Popular e invita aos “oito insumisos” a rectificar e aprender dos 59 alcaldes lucenses que si solicitaron e fixeron uso desta colaboración coa Xunta, en materia de prevención e extinción de lumes

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2014
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: