Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Novembro 2014

Comisión de Pesca Parlamento 28/11 b

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, agradece o apoio dos partidos da oposición a esta iniciativa, coa única excepción de AGE, e lembra que reflicte unha demanda recorrente da flota palangreira

O PARLAMENTO APROBA, CO VOTO FAVORABLE DE PP, PSOE E BNG, A INICIATIVA POPULAR PARA REVOCAR A PROHIBICIÓN EUROPEA DO ALETEO MENTRES NON SE XENERALICE EN TODO O MUNDO

 tiburon_1

  • Os populares insisten en que, na actualidade, a flota galega xa realiza un aproveitamento integral dos escualos pero a norma vixente prohibe que poida ser procesado abordo, separando a aleta do resto do corpo

  (máis…)

Read Full Post »

Comisión Pesca do Parlamento 28/11

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro lembra que a administración autonómica ten investido, ata o de agora, 12 millóns de euros na nova dársena de Cabo de Cruz (Boiro)

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE PORTOS, EN CONSENSO CO SECTOR, EXECUTARÁ POR FASES AS OBRAS PENDENTES EN CABO DE CRUZ PRIORIZANDO A INSTALACIÓN DE PANTALÁNS DA TERCEIRA LISTA

 cabo%20de%20cruz1

  • A Xunta destinará a esta nova actuación arredor de 700.000 euros o vindeiro ano, con cargo aos recursos procedentes do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP)

 

  • Os populares lembran ao BNG que a obra dos pantaláns deportivos foi financiada integramente pola iniciativa privada sen achega algunha da Xunta

(máis…)

Read Full Post »

Previsión: Comisión de Pesca

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, defendera na Comisión de Pesca e Marisqueo prevista para este venres as reivindicacións e intereses da flota palangreira galega

O GRUPO POPULAR ESPERA CONTAR CUN APOIO UNÁNIME DO PARLAMENTO PARA INSTAR Á UNIÓN EUROPEA A REVOCAR A PROHIBICIÓN DO ALETEO

 Sin título

  • Esta práctica que consiste en cortar a aleta dos escualos a bordo dos buques e descartar o resto do corpo é habitual nas flotas asiáticas, que se opoñen a deixar de efectuala

(máis…)

Read Full Post »

Pleno do Parlamento 24 de novembro

O portavoz de Medio Rural, José Manuel Balseiro, aclarou que estas comunidades tiveron ata dúas oportunidades para condonar as súas débedas e que facelo unha vez máis suporía unha discriminación fronte a aquelas que, cumprindo a lei, xa fixeron fronte ás mesmas

O GRUPO POPULAR DEFENDE OS NOVOS CONTRATOS DE XESTIÓN PÚBLICA DOS MONTES VECIÑAIS PORQUE FOMENTAN O SEU APROVEITAMENTO SOSTIBLE

 la foto

  • Balseiro asegura que é absolutamente falso que a Xunta vaia a expropiar ou poñer en mans privadas os montes veciñais tal e como asegura a oposición

 

  • Critica que o BNG pretenda destinar máis de 6 millóns de euros para facer fronte a estas condonacións de débedas cando so nos últimos anos as extincións non superaron os 43.000 euros

 

Santiago, 25 de novembro de 2014.- O voceiro da área forestal do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu os novos contratos de xestión pública “porque son ferramentas moi útiles, que a normativa establece, para fomentar o aproveitamento integral e sostible dos montes veciñais ou en man común”

O parlamentario explicou que o artigo 123 da Lei de Montes blinda, entre as novas esixencias para os novos contratos de xestión forestal, a voluntariedade, a ordenación forestal sostible (certificada por un terceiro independente), a comunicación contable detallada e a información continua aos propietarios, aspectos que se defenden desde o Grupo Popular.

CONDONACIÓN DE DÉBEDAS

José Manuel Balseiro dixo que “si as forzas políticas da oposición queren de verdade aplicar unha nova política forestal que faga prevalecer a función social, ambiental e económica dos montes comunais entón, en vez de criticar, estarían defendendo a aplicación da Lei de montes tal e como foi formulada, que está tratando de actualizar estas fórmulas contractuais ata o punto de establecer que os convenios antigos deben extinguirse nun prazo máximo de catro anos”.

Así o asegurou Balseiro no Pleno do Parlamento no transcurso do debate dunha moción do BNG, que foi rexeitada polos populares e na que os nacionalistas defendían a condonación das débedas das comunidades de montes que tiñan asinado un destes consorcios ou convenios antigos

 Balseiro lembrou que ata o de agora as comunidades de montes tiveron polo menos dúas oportunidades de condonar as súas débedas coa administración: tanto coa Lei de Montes do Estado en 2003 como coa Lei de Montes Veciñais en 1989. Deste xeito, sinalou que “facelo unha vez máis suporía unha discriminación fronte a aquelas que, cumprindo a lei, xa fixeron fronte ás súas débedas ou non incorreron nelas”.

O parlamentario popular rexeitou os argumentos da oposición e indicou que “é absolutamente falso que a Xunta vaia a expropiar ou poñer en mans privadas os montes veciñais, tal e como asegura a oposición, senón que se establece un procedemento para facilitar o pago destas débedas e, no seu caso, non se lles expropia nin arrebata a propiedade, senón que simplemente se lles priva de recibir axudas e subvencións”.

 CARÁCTER VOLUNTARIO

Balseiro tamén considerou “absurdo que o BNG propoña nas súas emendas aos orzamentos da Xunta para o ano próximo destinar seis millóns de euros para sufragar con cartos públicos a condonación das débedas das comunidades de montes, a sabendas de que os custes de cancelación dos convenios deste tipo, nos últimos sete anos, ascenderon a 43.000 euros, polo que esta partida proposta polos nacionalistas daríanos para 976 anos”.

O portavoz popular lembrou, finalmente, que os convenios e contratos administrativos dos que se derivan estas débedas “foron asinados con carácter voluntario coa administración que, con cartos públicos procedentes dos impostos de todos as galegas e os galegos, realizaron un anticipo para que as comunidades puideran facer fronte a novas plantacións, pero sempre coa condición de reintegralos”. “Esta circunstancia figura como cláusula literal do contrato asinado entre as dúas partes: Administración e comunidades de montes veciñais ou en man común), aclara Balseiro.

Read Full Post »

Balance campaña de incendios

A conselleira do Medio Rural e do Mar deu conta no Parlamento dos resultados do funcionamento do Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga)

A superficie afectada polos lumes na época de alto risco de 2014 foi a menor dos últimos 25 anos

Sin título

(máis…)

Read Full Post »

Comisión de Montes 21/11

A Xunta citou, en resposta a preguntas de Balseiro, as medidas postas en marcha para garantir o cumprimento da obriga xeral de manter os terreos forestais en condicións que contribúan a previr e evitar os incendios

BALSEIRO SINALA QUE O CONVENIO XUNTA-FEGAMP FACILITA A ELABORACIÓN EN TODOS OS CONCELLOS GALEGOS DE PLANS MUNICIPAIS DE DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

 la foto

  • Os alcaldes teñen a súa disposición un modelo de ordenanza e de bando para que os cidadáns coñezan con claridade a regulación sobre a xestión dos montes emprazados en solo urbano, núcleo rural ou urbanizable delimitado

 

  (máis…)

Read Full Post »

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, lembra que a flota comunitaria realiza un aproveitamento integral dos escualos

O GRUPO POPULAR DEMANDA QUE SE XENERALICE A PROHICIÓN DO FINNING PARA TODOS OS PAÍSES OU, NO SEU CASO, SEXA REVOCADA SE SO A TEN QUE CUMPRIR A FLOTA COMUNITARIA

 Sin título

  • Esta práctica que consiste en cortar a aleta dos escualos a bordo dos buques e descartar o resto do corpo é habitual nas flotas asiáticas, que se opoñen a deixar de efectuala

(máis…)

Read Full Post »

Older Posts »

%d bloggers like this: