• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Orzamentos da Deputación de Lugo 2015
Nacional 642 »

Oncoloxía

5, Novembro 2014 por Admin B

O deputado popular amosou a súa sorpresa porque os socialistas pidan agora aquilo que negaron cando eran goberno e que non apoiaron cando a iniciativa se debateu no Parlamento de Galicia

BALSEIRO LEMBRA QUE O PSOE NON APOIOU A INICIATIVA PARLAMENTARIA DO PP PARA A POSTA EN MARCHA DA SALA DE QUIMIOTERAPIA NA MARIÑA

 Jose Manuel Balseiro Orol

  • Rexeita as críticas de electoralismo e sinala que sería absurdo deixar de poñer en funcionamento un servizo tan necesario porque estean próximas as eleccións

Burela, 05 de novembro de 2014.- O deputado do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro lembrou que o PSOE non apoiou a iniciativa parlamentaria do PP dirixida á posta en marcha da nova sala de tratamentos de quimioterapia no Hospital da Costa

En concreto, o 10 de outubro de 2013 a Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, debatía a iniciativa defendida por Jose Manuel Balseiro para que os pacientes con cancro poidan recibir o seu tratamento de quimioterapia en Burela e, daquela, o acordo definitivo só contou cos votos favorables de PP e BNG.

Balseiro amósase sorprendido de que os socialistas pidan agora aquilo que negaron cando eran Goberno (durante toda a lexislatura do bipartito) e tamén un novo servizo cuxa posta en marcha non apoiaron cando a iniciativa foi debatida no Parlamento de Galicia

O deputado popular volve a cualificar de tremendamente necesaria a creación do novo hospital de día oncolóxico, en cuxo últimos trámites traballan desde o Hospital da Costa e desde o SERGAS, e rexeitou que se poida cualificar de electoralista poñer en marcha un novo servizo que atende a unha necesidade social e xusta: a de evitar desprazamentos ata Lugo ou á Coruña para recibir tratamentos químicos contra o cancro, que se poden ofrecer con iguais garantías de calidade e maior confortabildiade desde Burela

“Estean ou non as eleccións próximas non vamos a deixar de poñer en marcha este hospital de día oncolóxico si estamos en disposición técnica de facelo. Os pacientes son o primeiro”- concluíu Balseiro

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en SANIDADE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2014
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    « Out   Dec »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: