Nacional 642

Os socialistas volven a chegar tarde

Os populares lembran que os orzamentos do Estado para 2015 xa contemplan o arranxo da nacional 642

 Sin título

  • As contas estatais consignan 839.000 euros para esta obra unha cantidade que, adiantan desde o Partido Popular, se elevará por convenio ata os 1,2 millóns de euros a investir o ano próximo

 

 

A Mariña, 6 de novembro de 2014.- O Partido Popular da Mariña salientou que, unha vez máis, os socialistas volven a chegar tarde, porque reclaman agora o arranxo da estrada nacional 642, aínda a pesar de saber que os presupostos xerais do Estado xa contemplan unha partida específica para esta obra.

 INVESTIRANSE 1,2 MILLÓNS DE EUROS

 Os populares non tiveron ningún problema en votar favorablemente á iniciativa de mínimos formulada polo PSOE no Parlamento de Galicia pero foron aínda máis lonxe, ao anunciar que, ademais dos 839.000 euros contemplados nas contas do Ministerio de Fomento para o ano próximo, a obra incluirá un orzamento moito maior, grazas a un convenio da Dirección Xeral de Carreteras do Estado, que elevará a inversión prevista nesta estrada nacional ata superar os 1,2 millóns de euros

 SO SE ACORDAN DA MARIÑA CANDO NON GOBERNAN

 Os populares lamentan que o PSOE tan só se lembre das estradas da Mariña cando non gobernan, ou cando se aproximan as eleccións. Neste senso, explicaron que durante os oito anos nos que os socialistas gobernaron non investiron un só euro nesta estrada, e tivo que ser o PP na primeira lexislatura de goberno Rajoy, o que proxecte e dote de presuposto a estas obras e arranxos.

 NO PSOE CONTRARIOS AOS INVESTIMENTOS EN LUGO

 Por outra banda, desde o PP volven a poñer de relevo a falta de coherencia do PSOE que en Lugo, desde a Deputación, chegan a pedir o desdobre en autovía dos corredores que a Xunta executa entre Monforte e Sarria e no tramo Celeiro San Ciprián, e desde Santiago, a través do seu portavoz de infraestruturas, Xosé Sánchez Bugallo, os socialistas se queixan da alta inversión da Xunta nas obras de estradas da provincia de Lugo e reclaman que ese presuposto se desvíe ao corredor do Morrazo