Mañá entra en funcionamento

En resposta preguntas do deputado popular Jose Manuel Balseiro

SANIDADE CONFIRMA NO PARLAMENTO QUE MAÑÁ MESMO ENTRARÁ EN FUNCIONAMENTO O NOVO SERVIZO DE ONCOLOXÍA DO HOSPITAL DA COSTA

 PropB

  • Mañá mesmo están citados os primeiros pacientes
  • O SERGAS anticipouse as previsións iniciais que situaban a posta en funcionamento deste novo servizo antes de fin de ano
  • O Goberno galego cumpre un mandato parlamentario promovido polo Grupo Popular e que daquela non contou co apoio de PSOE e AGE

Santiago, 12 de novembro de 2014.- A conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, confirma en sede Parlamentaria, a preguntas do deputado popular Jose Manuel Balseiro, que o hospital de día oncomatolóxico situado no Hospital da Costa será mañá día 13 de novembro unha realidade.

“Para mañá están citadas as tres primeiras consultas de dixestivo e catro novos casos que van a pasar o Comité de Tumores”-dixo Rocio Mosquera

Balseiro quixo agradecer este novo paso adiante da sanidade pública comarcal e que o Goberno galego faga realidade este novo servizo e cumpra un compromiso adquirido cos enfermos de cancro da comarca e as súas familias que ata o de agora tiñan que desprazarse a hospitais das cidades de Lugo ou da Coruña para recibir os seus tratamentos.

Sailentou tamén o deputado que o SERGAS anticipouse as previsións iniciais que situaban a posta en funcionamento deste novo servizo antes de fin de ano, xa que mañá mesmo será unha realidade e, na semana próxima está previsto novos avances.

A conselleira de Sanidade tamén aclarou que a posta en marcha deste novo servizo será paulatina, aumentando gradualmente o número de pacientes e de patoloxías atentidadas

A titular do departamento autonómico de Sanidade tamén confirmou, a preguntas de Balseiro, que estas novas instalacións e o persoal técnico e sanitario encargado, permitirán administrar o tratamento e facer o seguimento aos pacientes enfermos de cancro, realizar no Hospital da Costa as súas revisións, controis e tratamentos, e todo sen necesidade de desprazamentos.

ACORDO PARLAMENTARIO

O deputado popular, indicou finalmente na súa intervención que o Goberno galego cumpre un mandato parlamentario promovido polo Grupo Popular e que daquela non contou co apoio de PSOE e AGE, pero si co voto favorable do PP e do BNG.

Balseiro dixo que, a pesar dos obstáculos e da desconfianza a Xunta de Galicia demostra que sigue apostando polo Hospital da Costa, pola súa mellora e por novos servizos, e que unha vez máis a realidade vén a desmentir aos que critican ao PP e aos agoreiros que daban por feito un falso peche do Hospital da Costa ou a súa conversión nun simple ambulatorio