• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Mañá entra en funcionamento
Porto de Marín »

Comisión de Montes 13/11/2014

13, Novembro 2014 por Admin B

Así o asegurou o secretario xeral de Medio Rural e Montes, a preguntas do deputado Jose Manuel Balseiro

A Xunta destinou máis de 3,3 millóns de euros en axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais de man común

ADB

  • O secretario xeral de Medio Rural e Montes,Tomás Fernández-Couto, sinalou que foron atendidas máis do 75% das solicitudes presentadas polos titulares de montes veciñais en man común

Santiago, 13 de novembro de 2014.- A Xunta destinou máis de 3,3 millóns de euros en materia de axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais de man común. Así o sinalou esta mañá o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, en resposta a unha pregunta na Comisión 7ª do Parlamento.

Ademais, tal e como engadiu o responsable de Medio Rural e Montes, esa cantidade permitiu que máis do 75% das solicitudes presentadas polos titulares destes montes puidesen ser atendidas. Fernández-Couto explicou que a orde que regulaba a concesión destas subvencións cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 foi publicada a comezos deste ano e establecía unha contía de 3.000.000 euros. Unha achega que coa publicación en xullo dunha Orde de ampliación orzamentaria ascendeu ata os 3.350.000 euros, sinalou.

Nese sentido o secretario xeral indicou que a orde establecía dúas grandes liñas de subvención. Por un lado, unha primeira liña de axuda, destinada ao control selectivo de combustible; por outro, a segunda partida orzamentaria, dirixida á construción de puntos de auga.

Nota completa: Xunta.es

Como complemento indicar que, na quenda de réplica, Jose Manuel Balseiro salientou o feito –confirmado polo secretario xeral de Montes- de que o ano próximo, 2015, o orzamento dispoñible para esta ñia de axudas será aínda maior, ata chegar aos 8 millóns de euros, o que reforza a aposta da Xunta pola cooperación coas comunidades de montes nas tarefas de prevención e extinción de incendios.

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MONTES | Etiquetado extinción de incendios, Jose Manuel Balseiro, Montes, Tomás Fernández-Couto |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2014
    L M M X V S D
    « Out   Dec »
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: