• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Montes 13/11/2014
Comisión de Pesca 14/11/2014 »

Porto de Marín

14, Novembro 2014 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, sinala que desde o máximo respecto á Xustiza hai que lembrar que existe unha discrepancia sobre o ámbito de execución deste fallo na que o Parlamento non é o foro axeitado para resolvela

O GRUPO POPULAR REXEITA A INICIATIVA DE AGE INSTANDO Á APLICACIÓN INMEDIATA DA SENTENZA QUE ANULA OS RECHEOS NO PORTO DE MARÍN

 DSC_0002

  • Sinalan que o obxectivo principal é blindar o futuro destas instalacións portuarias do que dependen case 13.000 empregos o 18% do que se xera na comarca de Pontevedra/Marín

 

  • Amosan o seu total apoio ás iniciativas emprendidas, nesta dirección, desde o Goberno galego, o estatal e a Autoridade Portuaria

 

Santiago, 11 de novembro de 2014.- Os votos do Grupo Popular sumados aos dos deputados do PSOE e BNG, serviron para rexeitar hoxe a iniciativa formulada por Alternativa Galega de Esquerda para esixir a aplicación inmediata da sentenza que anula os recheos efectuados no porto de Marín.

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, explicou que desde o máximo respecto á Xustiza hai que lembrar que existe unha discrepancia sobre o ámbito de execución deste fallo (en concreto sobre a súa inexecución) e sinalou que o Parlamento galego non é o foro axeitado para resolvelo

 Os populares amosaron o seu total apoio ás iniciativas emprendidas, sobre esta cuestión desde o Goberno galego, o estatal e a Autoridade Portuaria e sinalaron que obxectivo principal é blindar o futuro destas instalacións portuarias das que dependen case 13.000 empregos o 18% do total xerado na comarca de Pontevedra/Marín

 INCIDENTE DE INEXECUCIÓN

Balseiro aclarou que a maior parte dos recheos aos que alude a sentenza se iniciaron a finais de 1998, polo que difícilmente poderían estar amparados polo plan especial anulado que data do ano 2000. Todas as obras contaban con resolucións do Ministerio de Medio Ambiente e coa aprobación técnica e económica de Portos do Estado.

“Así o testemuñan os informes periciais redactados e achegados polo Tribunal Superior de Xustiza, que indican, de xeito taxativo que ningún dos recheos executados pola Autoridade Portuaria achábase no suposto descrito pola sentenza do Supremo por non ter amparo no plan especial anulado, senón en plans ou proxectos distintos daquel”

O voceiro popular tamén explicou que desde 2013 existe un plan especial do porto da ría de Marín e de Pontevedra, e que nos planos desa modificación xa figuran os recheos existentes.

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2014
    L M M X V S D
    « Out   Dec »
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: