O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, lembra que a flota comunitaria realiza un aproveitamento integral dos escualos

O GRUPO POPULAR DEMANDA QUE SE XENERALICE A PROHICIÓN DO FINNING PARA TODOS OS PAÍSES OU, NO SEU CASO, SEXA REVOCADA SE SO A TEN QUE CUMPRIR A FLOTA COMUNITARIA

 Sin título

  • Esta práctica que consiste en cortar a aleta dos escualos a bordo dos buques e descartar o resto do corpo é habitual nas flotas asiáticas, que se opoñen a deixar de efectuala

Santiago, 20 de novembro de 2014.- O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento galego unha iniciativa na que demanda que se xeneralice a prohibición da práctica coñecida como finning -que consiste no corte das aletas dos escualos a borde dos buques pesqueiros mentres se descarta o resto do corpo, que se tira ao mar- ou, no seu caso, demandan que esta prohibición sexa revocada inmediatamente se tan só a ten que cumprir a flota comunitaria.

 O voceiro do mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, sinala que manter a situación actual e que a prohibición se estableza exclusivamente para a flota da UE, “carece de sentido” e provoca unha situación prexudicial para a flota galega, “tanto na súa operatividade, como desde o punto de vista económico, xa que supón unha perda de competitividade respecto das flotas de terceiros países que incumpren esta norma”.

 O deputado popular lembran que o Regulamento Comunitario 605/2013 de 12 de xuño, do Parlamento Europeo e do Consello, vixente desde fai ano medio, xustificaba esta decisión en base á situación de sobreexplotación, por pesca intensiva, na que se atopaban os peixes do taxón Elasmobranchii, e naceu cun indisimulado obxectivo final de estender esta prohibición ás flotas asiáticas, se negan a aceptala, polo momento.

APROVEITAMENTO INTEGRAL

 Balseiro aclara que, con anterioridade incluso a esta prohibición comunitaria, a flota palangreira europea, tanto os que faenan ao fresco como os conxeladores, veñen realizando un aproveitamento integral da escualos, polo que non practican finning

 De feito, dos exemplares comercializados, as aletas se exportan ao mercado asiático, a carne ao mercado centroamericano e comunitario, a pel emprégase para confeccionar artículos de coiro, do fígado se extrae a vitamina A e o squaleno (un produto empregado na industria farmacolóxica e de cosméticos)

 A XUNTA DO LADO DO SECTOR

 Balseiro lembrou que desde a Xunta de Galicia sempre se apoiou a demanda formulada polos palangreiros para que se estenda o veto a esta práctica aos países terceiros competidores, que si realizan finning, pero todas estas iniciativas se atopan coa oposición das flotas asiáticas, que incluso teñen bloqueado –en seis ocasións– que se poida votar esta posibilidade na última xuntanza da Conferencia Internacional para la Conservación do Atún Atlántico (ICCAT)

 O deputado popular apunta tamén a necesidade de introducir outros criterios de flexibilidade na actual normativa comunitaria que permita que a flota europea poida obter maior rendibilidade, como por exemplo, a obrigatoriedade de desembarcar corpos e aletas no mesmo porto ou mellorar a xestión desta pesqueiría, desde as ORP´s, entre outras