A conselleira do Medio Rural e do Mar deu conta no Parlamento dos resultados do funcionamento do Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga)
A superficie afectada polos lumes na época de alto risco de 2014 foi a menor dos últimos 25 anos
- A superficie calcinada nesta época reduciuse nun 98% respecto á media deste período e a cifra de lumes tamén é a máis baixa, descendendo nun 85%
- Neste período, que vai do 1 de xullo ao 30 de setembro, producíronse 624 lumes que afectaron a 431,7 hectáreas, das cales 113,3 foron arboradas, representando un 26% das totais que arderon
- Segundo sinalou a conselleira, estas cifras reflicten que “os medios dispostos polo PLADIGA nesta época actuaron rápido e eficazmente”, facendo que a media de superficie queimada por lume se quedase por debaixo dunha hectáreaEn canto ao balance do que levamos de ano, as cifras de número de lumes e hectáreas queimadas reflicten o mellor resultado dos últimos 25 anos, con 1.238 lumes que afectaron a 2.003 hectáreas
- En relación ás accións de futuro para o estímulo produtivo do monte a conselleira destacou entre elas que a Xunta está establecendo as liñas básicas de elaboración do novo Plan Forestal de Galicia no seo do Consello Forestal
Máis información na web da Xunta: