Comisión de Pesca Parlamento 28/11 b

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, agradece o apoio dos partidos da oposición a esta iniciativa, coa única excepción de AGE, e lembra que reflicte unha demanda recorrente da flota palangreira

O PARLAMENTO APROBA, CO VOTO FAVORABLE DE PP, PSOE E BNG, A INICIATIVA POPULAR PARA REVOCAR A PROHIBICIÓN EUROPEA DO ALETEO MENTRES NON SE XENERALICE EN TODO O MUNDO

 tiburon_1

  • Os populares insisten en que, na actualidade, a flota galega xa realiza un aproveitamento integral dos escualos pero a norma vixente prohibe que poida ser procesado abordo, separando a aleta do resto do corpo

 

Santiago, 28 de novembro de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou, cos votos favorables do PP, PSOE e BNG, e a abstención de AGE, a iniciativa promovida polo Grupo Popular en defensa dos intereses da flota palangreira galega e na que se pide á Unión Europea que revoque a prohibición do aleteo mentres non se xeneralice esta prohibición para todas as flotas do mundo.

O voceiro popular do Mar, Jose Manuel Balseiro, aclarou que manter a prohibición exclusivamente para a flota da Unión Europea carece de sentido e provoca unha situación prexudicial para a flota galega, tanto na súa operatividade, como desde o punto de vista económico, posto que deben facer fronte a maiores gastos por non poder procesar os escualos a bordo, como fan os barcos asiáticos.

APROVEITAMENTO INTEGRAL

Balseiro aclarou que, na actualidade, a flota galega xa realiza un aproveitamento integral dos escualos. De feito, dos exemplares comercializados, as aletas se exportan ao mercado asiático, a carne ao mercado centroamericano e comunitario, a pel emprégase para confeccionar artículos de coiro, do fígado se extrae a vitamina A e o squaleno (un produto farmacolóxicos e cosmético)

 O portavoz popular tamén aclarou que, ata que foi prohibida esta práctica, a nosa flota cortaba as aletas a bordo dos buques conxeladores para protexer a seguridade das tripulacións, xa que manexar un exemplar conxelado con seis aristas nun espazo en movemento é moi perigoso; pero tamén por calidade, xa que a conxelación por separado permite controlar e garantir e seguridade alimentaria tanto de aletas, como de corpos para comercializalos despois nas súas canles diferenciadas; e finalmente, por mellorar a rendibilidade optimizando o almacenamento nas bodegas do buque.

 A XUNTA DO LADO DO SECTOR

 Balseiro lembrou que desde a Xunta de Galicia sempre se apoiou a demanda formulada polos palangreiros para que se estenda o veto a esta práctica aos países terceiros competidores, que si realizan o aleteo, pero todas estas iniciativas se atopan coa oposición das flotas asiáticas, que incluso teñen bloqueado en seis ocasións que se poida votar esta posibilidade na última xuntanza da Conferencia Internacional para la Conservación do Atún Atlántico (ICCAT)

O deputado popular apuntou tamén na súa intervención a necesidade de introducir outros criterios de flexibilidade na normativa comunitaria, tal e como demanda o acordo final para que, por exemplo, se permita que a flota europea poida obter maior rendibilidade, introducindo medidas como a obrigatoriedade de desembarcar corpos e aletas no mesmo porto ou mellorar a xestión desta pesqueiría, desde as ORP´s, entre outras