• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca Parlamento 28/11 b
Alcoa »

Pleno do Parlamento 03 /12

3, Decembro 2014 por Admin B

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explica que servirá como documento de referencia nas negociacións que se abren co resto das comunidades autónomas, o Ministerio, Portugal e a Unión Europea

O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR E RESPALDA O PLAN DE XESTIÓN DA SARDIÑA PROPOSTO POLO CONSELLO GALEGO DE PESCA

 parlamento

  • Os populares son moi críticos cos partidos da oposición tras votar en contra PSOE, BNG e AGE do modelo de xestión que, segundo lembraron desde o PP, elaboraron os propios profesionais da flota galega do cerco

Santiago, 3 de decembro de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou a iniciativa do Grupo Popular pola que se respalda o plan de xestión da sardiña proposto pola Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca.

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou que o acordo insta á Xunta a asumir como propio esta proposta do sector e convertela no documento de referencia nas negociacións que se desenvolverán nas vindeiras semanas co resto das comunidades autónomas, o Ministerio, Portugal e a Unión Europea.

Os populares foron moi críticos coa postura mantida polas forzas políticas da oposición, tras votar en contra desta iniciativa PSOE, BNG e AGE, pese a que tiña por único obxecto outorgar un aval político e sumar forzas á hora de defender o modelo de xestión que elaboraron os propios profesionais da flota galega do cerco.

Balseiro indicou que apoiando esta iniciativa se podía demostrar se estaban a favor do sector ou na súa contra e, neste caso, a oposición decidiu desprezar as demandas do cerco e darlles as costas, unha actividade que reprochou especialmente aos socialistas que sen rumbo, teñen decidido facer seguidismo do BNG e AGE.

MEDIDAS DE XESTIÓN IMPRESCINDIBLES

O voceiro do Mar lembrou que a mala situación biolóxica na que se atopa o stock da sardiña ibérica obriga a tomar medidas que contribúan á recuperación desta especie, que se pesca en augas españolas e portugueses pola flota de ambos países.

Balseiro lembra que de non chegarse a un acordo bilateral entre España e Portugal sobre o plan de xestión, existía unha advertencia seria da Comisión Europea de establecer un Total Admisible de Capturas (TAC) comunitario para sardiña, que sería moito máis restritivo e especialmente prexudicial para a flota do cerco galega.

 

Os populares insisten en mudar a norma vixente e defender que o novo modelo de plan de xestión proposto polos profesionais do cerco para 2015 permitirá unha mellor defensa dos intereses da flota galega de cerco e por iso non comprenden como a oposición pode negarse a outorgar o seu apoio á que non deixa de ser a posición dos profesionais galegos neste debate.

 

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DO

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR DE GALICIA.

Telfs.: 981 55 15 19 / 20

 

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2014
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    293031  
    « Nov   Xan »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: