• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Pleno do Parlamento 03 /12
Orzamentos Medio Rural e Mar 2015 »

Alcoa

6, Decembro 2014 por Admin B

Os populares lembran que levan toda unha lexislatura intentando corrixir a situación de quebra do sistema eléctrico despois de que o PSOE deixara máis de 30.000 millóns de euros de déficit

Balseiro pide ao PSOE menos titulares e máis prudencia e que deixe traballar aos que buscan unha solución estable para Alcoa

 Dibujo

  • Lembra que a factoría de San Ciprián logrou os incentivos eléctricos por interrumpibilidade necesarios para garantir o seu futuro e seguir producindo a prezos competitivos
  • Sinala que mentres o PSOE de Galicia busca facer política carroñeira e xerar alarma social sen achegar solucións, os seus homólogos en Asturias traballan conxuntamente coa Xunta e o Ministerio nun sistema que permita que as empresas manteñan a súa accesibilidade a unha enerxía a prezo competitivo

 

Cervo, 6 de decembro de 2014.- O secretario xeral dos populares lucenses e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro, pediu hoxe ao PSOE menos titulares de prensa e máis prudencia e apoio  para aqueles que están traballando, dun xeito discreto pero continuo, nunha solución estable para o problema enerxético de Alcoa.

Balseiro lembra que mentres o PSOE se dedica a facer política carroñera e xerar alarma social sen achegar propostas en positivo, o Goberno galego mentres, segue a traballar para sumar a traballadores, empresa e Ministerio a unha solución que garanta a viabilidade da compañía e salvagarde os postos de traballo.

Nese senso lembra que a Xunta está a manter contactos co Goberno do Principado de Asturias e co Ministerio, falando de traballar conxuntamente á hora de atopar solucións á situación na que se atopa esta empresa e, moi en particular, nos centros de traballo desta multinacional en Avilés e Asturias.

O deputado popular explicou que as administracións populares levan toda unha lexislatura intentando corrixir a situación de quebra na que se atopa o sistema eléctrico despois de que o PSOE deixara máis de 30.000 millóns de euros de déficit.

 FACTORÍA DE SAN CIPRIÁN

 Balseiro quere insistir, en todo caso, en actuar con prudencia e nese senso considera importante lembrar que a  factoría de San Ciprián logrou os incentivos eléctricos por interrumpibilidade necesarios para garantir o seu futuro e seguir producindo a prezos competitivos, e confía en que unha segunda poxa, á que debe acudir Alcoa,  poida garantir tamén a continuidade nos centros de traballo de Avilés e A Coruña.

 MARCO ENERXÉTICO ESTABLE

 O secretario xeral dos populares lucenses sinala que o seu esforzo, como o das administracións implicadas, seguirá centrado en que, tanto Alcoa como o resto de compañías nesa mesma situación, garantan a súa posición e, de cara ao futuro, o sistema permita que as empresas manteñan a súa accesibilidade a unha enerxía a prezo competitivo.

 Balseiro conclúe insistindo en que debemos ser prudentes e apelar á procura dunha solución definitiva que garanta a viabilidade de todas as empresas grandes consumidores  de enerxía, nun marco enerxético estable.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General | Etiquetado EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2014
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    293031  
    « Nov   Xan »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: