• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« San Ciprián
Obras nos portos »

Alcoa enerxía

17, Decembro 2014 por Admin B

O dirixente popular vai máis aló e apunta como imprescindible que, de cara ao futuro, se estableza un marco de diálogo que articule novas solucións a medio e longo prazo

Balseiro reitera todo o seu apoio aos traballadores de Alcoa e insiste na urxencia dunha poxa extraordinaria que ofreza un prezo enerxético competitivo para o aluminio

 529651_417286685033624_299129873_n

  • Lembra que o presidente da Xunta lidera múltiples contactos cos directivos de Alcoa, Ministerio de Industria e Rede Eléctrica Española na procura dunha solución estable que garanta a continuidade da actividade industrial desta compañía

 

Santiago, 17 de decembro de 2014.- O secretario do Parlamento galego e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro reiterou hoxe o seu máximo apoio aos traballadores de Alcoa e insistiu como medida inmediata na urxencia da celebración dunha nova poxa, de carácter extraordinario, que ofreza un prezo enerxético que permita producir aluminio de xeito competitivo tamén para os centros de traballo desta multinacional na Coruña e Avilés.

Balseiro defendeu as distintas iniciativas que, lideradas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se están desenvolvendo ao máis alto nivel e en todas as frontes: ante o Ministerio de Industria, cos directivos de Alcoa, e Rede Eléctrica Española, dirixidas á procura dunha solución estable que garanta a continuidade da actividade industrial desta compañía.

SAN CIPRIÁN

O deputado popular sinala que a situación dos centros de traballo da Coruña e Avilés nada ten que ver coa da factoría de San Ciprián, por canto esta ten maior músculo: pola súas dimensións e unha capacidade de produción e competitividade moito máis reforzada, tamén pola maior modernidade das súas instalacións e porque afronta as poxas acadando os incentivos eléctricos que precisa.

FUTURO

Con todo, o dirixente popular vai máis aló e apunta como imprescindible de cara ao futuro da actividade e para blindar a situación laboral de Alcoa que, unha vez superada a situación actual, se estableza un marco de diálogo que articule novas solucións a medio e longo prazo, que eviten a incerteza que cada ano podería establecerse sobre o futuro da compañía e a súa actividade

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2014
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    293031  
    « Nov   Xan »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: