Comisión de Pesca e Marisqueo

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, consideran que o BNG se equivoca de inimigo cando inclúe no saco da flota industrial ao cerco e o arrastre galego para enfrontalo á flota de artes menores e lembra que todas as capturas das embarcacións de litoral son destinadas á consumo humano e non a facer fariñas

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE A XUNTA PORÁ EN MARCHA UN PLAN DE APOIO Á FLOTA ARTESANAL CON CARGO AOS NOVOS RECURSOS DO FEMP

 Comision 8 23-12-2014 (2)

  • Os populares din que os nacionalistas non poden pretender facernos crer que o problema da flota de artes menores son o TAC e cotas cando o 88% dos ingresos desta flota veñen de especies sen TAC

Santiago, 23 de decembro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que a Xunta de Galicia ten previsto poñer en marcha un plan de apoio dirixido de xeito específico á flota artesanal galega e que o fará con cargo aos novos recursos do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, dos que Galicia é a principal comunidade autónoma beneficiaria, pois recibirá máis da metade dos recursos dispoñibles. Os populares din que, entre as medidas a desenvolver, está precisamente o impulso das especies de maior valor comercial para os profesionais da flota do litoral.

TAC E COTAS

Así o explicou Balseiro no transcurso do debate dunha iniciativa parlamentaria do BNG na que demandaba a exclusión da flota artesanal da sistema de TAC e cotas, unha petición rexeitada polos populares por canto suporía pechar as portas precisamente a recibir estes fondos europeos que se van a destinar a apoiar a este sector. Os populares insisten ademais en que os nacionalistas non poden pretender facer crer que o problema da flota de artes menores son o TAC e cotas cando o 88% dos ingresos desta flota veñen de especies sen TAC.

Pero é que ademais, aclara Balseiro, a non aplicación do modelo de TAC e cotas para a flota artesanal non impediría que se estableceran outros modelos de xestión, como poden ser os topes de captura (por exemplo os do marisqueo ou o do plan do polbo) ou as vedas. “Se o que queren dicirlle aos nosos mariñeiros é que o BNG quere propoñer a pesca libre para a flota artesanal, estaríanlles mentindo, porque esa fórmula non é posible, nin sostible”

 FALSO DEFENSOR DA FLOTA ARTESANAL

 Desde o PP tamén se amosaron sorprendidos de que o BNG pretenda presentarse agora como defensor da flota artesanal cando, na pasada lexislatura, negouse a apoiar o ditame unitario de Galicia ante a reforma da Política Pesqueira Común, apoiado por unanimidade polo Consello Galego de Pesca, e no que se demandaba precisamente modificar o sistema de reparto baseado no principio de estabilidade relativa e a súa substitución por un sistema de esforzo pesqueiro, así como o establecemento dos ITQ´s ou dereitos de pesca transferibles coa excepción precisamente da flota artesanal

 FLOTA INDUSTRIAL EN GALICIA

 Balseiro tamén lamentou que os nacionalistas se equivoquen de inimigo ao presentar a pesca actual como un conflito entre o que chaman pesca artesanal e industrial, obviando que todas as capturas da flota do litoral galega son destinadas a consumo humano, e non á industria para facer fariña, como acontece noutros países. Tamén lamentou que para o BNG sexa flota industrial os barcos do cerco, pese a que teñen unha media de 38 GT ou que obvie os 800 postos de traballo da pesca do arrastre, unhas artes que veñen empregándose en Galicia desde o século XVIII, e sinalaron que non ten sentido crear un enfrontamento entre estas é as embarcacións de artes menores.