Comisión de Montes 26/11

O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembra que o Goberno galego é o primeiro interesado en esclarecer os feitos

O GRUPO POPULAR DEFENDE QUE SE DEIXE ACTUAR Á XUSTIZA PARA ESCLARECER A TRAMA FORESTAL DA COSTA DA MORTE

 cOMISION 8 17-09-2014 (16)

  • A Xunta non estivo de brazos cruzados: remitiu á documentación solicitada polo xulgado, realizou un control de calidade adicional, con técnicos alleos ao Distrito Forestal, sobre os expedientes en investigación e se lle deu acceso a información a todos os afectados

 

  • Os populares amosáronse sorprendidos de que o PSOE, que propón un recorte de 21 M€ nas partidas de prevención e extinción de incendios propoña agora

 

Santiago, 26 de decembro de 2014.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu hoxe que se deixe actuar á Xustiza para esclarecer as circunstancias e o alcance dos feitos acontecidos na suposta trama de axudas para a reforestación de terras non agrarias na Costa da Morte.

De feito lembrou que que a propia administración autonómica é a primeira interesada en que se aclaren todas estas circunstancias e por iso colaborou a segue a cooperar en todo momento co tribunal que realiza esta investigación.

 Os populares manteñen que a Xunta non estivo de brazos cruzados ante a problemática xurdida e incluso sinalan que ademais de remitir, como corresponde, a documentación solicitada polo xulgado, a propia administración autonómica realizou un control de calidade adicional, con técnicos alleos ao Distrito Forestal, sobre os expedientes en investigación e se lle deu acceso a información a todos os afectados, cos que incluso se mantiveron diversas xuntanzas informativas.

 En base a estes argumentos os populares defenderon unha emenda á iniciativa que o BNG formulaba no día de hoxe, no seo da Comisión de Agricultura e Montes do Parlamento de Galicia, na que insistían na necesidade de “continuar desenvolvendo unha investigación exhaustiva de todos os expedientes de contratación nos que exista participación da empresa Maceiras e Esmorís” e demandaban tamén “que o resultado da mesma fora trasladado á Cámara”, emenda que non foi aceptada polos nacionalistas provocando o voto en contra dos populares.

 Balseiro lembrou que unha vez que conclúa a investigación xudicial terán que adoptarse as medidas que se estimen pertinentes, incluso depurar as responsabilidades que dos feitos poidan derivarse. Con todo, lembrou que as axudas obxecto de estudo por parte da Xustiza foron tramitadas e aprobadas en base a un manual de procedemento e control aprobado pola anterior Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, en xullo de 2008 e que incluso o 66% das axudas baixo sospeita foron tramitadas polo bipartito e a totalidade das mesmas baixo ordes aprobadas polo Goberno do PSOE e do BNG.

 XESTIÓN DOS MONTES

 Os populares tamén rexeitaron unha iniciativa do Grupo Socialista para a elaboración dun plan transversal de xestión territorial do medio rural. Jose Manuel Balseiro dixo que lle resulta curioso escoitar ao PSOE propoñendo medidas para a mellora da xestión dos nosos montes cando no último debate sobre orzamentos propoñía emendas que recortaban en 21 millóns de euros as partidas destinadas á prevención e extinción de incendios o que, en opinión dos populares, é unha auténtica temeridade.

 Desde o Partido Popular tamén defenderon os avances que neste ámbito suporá a posta en marcha da nova Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria, hoxe en tramitación, e puxo en valor os recursos que a Xunta destinará a unha mellor ordenación xestión e forestal: o programa 713b sobre ordenación das producións forestais disporá de 24 millóns de euros, e indicou que unha parte importante destes investimentos beneficiarán aos montes veciñais en man común.