• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Montes 26/11
Bon Nadal e Feliz Aninovo »

Pensións non contributivas

29, Decembro 2014 por Admin B

O deputado popular e secretario da Mesa do Parlamento explica que o Goberno galego investirá case 9 millóns de euros no conxunto da comunidade para o pagamento deste complemento, que só manteñen na actualidade outras tres comunidades autónomas

BALSEIRO SINALA QUE A XUNTA ABONARÁ UNHA AXUDA EXTRAORDINARIA DE 206 EUROS ÁS PRETO DE 750 FAMILIAS BENEFICIARIAS DUNHA PENSIÓN NON CONTRIBUTIVA NA MARIÑA LUCENSE

 20131012-140303.jpg

  • O pago realízase de oficio a todas as persoas que cumpran as condicións a través dunha transferencia bancaria na conta habitual do perceptor desta pensión, sen necesidade de realizar ningún trámite adicional

 

A Mariña lucense, 29 de decembro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, explicou que ás preto de 750 familias da nosa comarca que son beneficiarias dunha pensión non contributiva volverán a recibir da Xunta o ano próximo -en 2015- unha paga extraordinaria de 206 euros.

Esta paga responde a un acordo do Consello da Xunta do que deu conta o presidente, Alberto Núñez Feijóo, e ten por obxectivo servir de complemento e axuda a aqueles galegos que dispoñan deste tipo de pensións, as máis baixas.

SEN TRÁMITES ADICIONAIS

O Goberno galego investirá preto de 9 millóns de euros nestas axudas no conxunto da comunidade que, segundo aclara Balseiro, se abonarán mediante un pagamento único a través dunha transferencia bancaria que se realizará de oficio nas contas correntes onde estas persoas teñen domiciliado o recibo ordinario da súa prestación. Polo tanto, os beneficiarios non teñen que realizar ningún tipo de solicitude ou trámite adicional.

 SO EN TRES COMUNIDADES

 Actualmente, só outras tres comunidades autónomas, ademais de Galicia, manteñen un complemento destinado a este colectivo: Andalucía, Cataluña e Estremadura. Galicia é unha das rexións que abona a contía máis elevada aos beneficiarios

 43.000 GALEGOS

 Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística na Mariña lucense hai preto de 750 beneficiarios de pensións non contributivas xa sexan estas recoñecidas en concepto de invalidez ou de xubilación. En todos estes casos o complemento da Xunta sumarase a contía abonada pola Seguridade Social.

 No conxunto da comunidade son máis de 43.000 galegos os beneficiarios dunha pensión non contributiva e, polo tanto, os que recibirán o ano próximo este complemento suplementario da Xunta.  No caso da provincia de Lugo o número de beneficiarios achegarase ás 5.000 familias.

PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS

As pensións non contributivas, inclúe diversas modalidade entre as que están os pensionistas por xubilación ou invalidez, anciáns ou enfermos con incapacidades que xa se reciben axudas periódicas e persoas con discapacidade que cobran o subsidio de garantía de ingresos mínimos, en todo os casos reciben unha pensión pública aínda que non teñan cotizado ou o teñan feito de xeito insuficiente para ter dereito a unha pensión ordinaria.

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en BENESTAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2014
    L M M X V S D
    « Nov   Xan »
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    293031  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: