Transparencia

O presidente da Xunta cumpre o seu compromiso de comparecer na Cámara para abordar este debate e tratar de acordar coa oposición estas iniciativas

Feijóo presenta un programa de impulso democrático con cinco leis e 50 medidas en 50 días para que Galicia vaia por diante en transparencia e exemplaridadeimage_gallery

Seguir lendo

Municipais 2015

Así o deu a coñecer hoxe o presidente provincial do Partido Popular en Lugo, Xose Manuel Barreiro

O PP de Lugo designa a Jose Manuel Balseiro coordinador de campaña

Balseiro

  • Conta con longa experiencia nestas tarefas e de feito xa coordinou as últimas eleccións europeas, autonómicas, xerais e locais
  • Avanza que o PPdeLugo celebrará en febreiro unha convención provincial na que presentarán o equipo e a alternativa popular de cara ás 67 alcaldías lucenses.

  Seguir lendo

Opinión

<< Sargadelos, tesouro de Galicia>>

 Complexo-de-Sargadelos-Cervo

Pero Sargadelos é moito máis que as súas formas, máis que as instalacións desa espectacular fábrica de planta circular. Sargadelos tamén son as súas xentes, ese inmenso capital humano, traballadores artesás que saben sacar o mellor da nosa terra e que, cómpre dicilo, non o pasaron ben nos últimos anos.Todas elas, todos eles, deben entender este recoñecemento tamén, coma unha homenaxe ao seu traballo e contribución neste gran proxecto e, oxalá, como un novo espazo de esperanza cara o futuro.

Seguir lendo

Confrarías lucenses

Os populares poñen de relevo a falta de apoio do bipartito provincial, do PSOE e do BNG a un sector estratéxico na Mariña de Lugo

Balseiro acusa a Besteiro de “ninguneo e desprezo” ao sector pesqueiro lucense

10420129_739322032830086_5007281431823046712_n

  • A Deputación de Lugo volve a ser a administración provincial galega que menos apoios dea, tanto ás confrarías como aos profesionais da pesca e do marisqueo

 

  • Os anuncios de Besteiro seguen a ser insuficientes e non son máis que unha estratexia de propaganda para ocultar a falta de compromiso con este sector

  Seguir lendo

Publicado en MAR

Balance de actividade parlamentaria

Jose Manuel Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra fan balance da actividade desenvolvida no Parlamento de Galicia ao longo do 2014

OS DEPUTADOS MARIÑÁNS DO GRUPO POPULAR SALIENTAN “A LEALDADE” DO GOBERNO FEIJÓO COA COMARCA

 Ribadeo

  • Puxeron en valor unha decena de iniciativas, promovidas por estes parlamentarios, en ámbitos tan diversos como a pesca, a sanidade e o emprego, entre elas as dirixidas á posta en marcha do novo servizo de oncoloxía ou a denunciar a discriminación dos parados da comarca no plan de emprego da Deputación

Seguir lendo

Fomento de emprego

A Xunta acadou un acordo cos representantes empresariais e sindicais para investir preto de 60 millóns de euros na mellora da empregabilidade de menores de 25 anos e parados de longa duración

BALSEIRO SINALA QUE OS NOVOS PROGRAMAS DE FOMENTO DE EMPREGO DA XUNTA BENEFICIARÁN A TODOS OS MUNICIPIOS DA MARIÑA

la foto

  • Segundo as estatísticas oficiais, en decembro, A Mariña rexistraba 285 parados menores de 25 anos, deles un 48% son mulleres, ambos son un colectivo preferente nos apoios da Xunta
  • En Galicia os parados de longa duración poderán recibir a renda de acompañamento de 426 euros durante un ano, ampliando o prazo de cinco meses establecido polo Goberno central

Seguir lendo

Melloras en portos

O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou esta mañá as obras, que contan cun investimento de máis de 200.000 euros

PORTOS DE GALICIA PREVÉ TER REMATADO PARA A PRÓXIMA PRIMAVERA O REFORZO DO DIQUE DA RAPADOIRA EN FOZ

Foz 13012015

  • A actuación consiste no reforzo dos mantos de protección da zona máis exposta, a da praia, a escolleira, o morro do dique e o costado exterior

  Seguir lendo

Axudas a apicultores

Sensibilizada co sector, cos seus retos e problemas a Consellería do Medio Rural e do Mar pon en marcha un ano máis estas liñas de colaboración co sector

Balseiro empraza aos produtores de mel a acollerse ás axudas da Xunta para a mellora da produción e comercialización apícola

 Balseiro

  • Entre as actuacións obxecto de subvención está a contratación de especialistas, a través das organización apícolas, para a asistencia técnica, información e apoio en actuacións de vixilancia e control da vespa velutina

Seguir lendo

Solo industrial accesible

Sinala que é unha medida moi positiva promovida pola Xunta para facer A Mariña lucense máis atractiva para o asentamento de empresas e novas oportunidades de emprego

 Balseiro aplaude a iniciativa do Goberno Feijóo de rebaixar ata un 50% o prezo do solo industrial da comarca

la foto

  • Nesta primeira fase do programa os polígonos de Barreiros, Foz, Cervo e Viveiro, comercializados pola empresa pública Xestur serán obxecto de promoción
  • O concurso público de adquisición das parcelas abaratadas será convocado o vindeiro dia 12 de xaneiro e o prazo para presentar solicitudes será de un mes

Seguir lendo

Praia das Catedrais

A XUNTA SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA O ANTEPROXECTO DO PLAN DE CONSERVACIÓN DO MONUMENTO NATURAL DA PRAIA DAS CATEDRAIS

 Sin título

  • Este documento será obxecto de exposición e participación pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante un período de 45 días hábiles, e paralelamente tramitarase o Documento Ambiental Estratéxico (DAE)
  • Con este novo trámite avánzase un paso máis cara á aprobación do instrumento de planificación que establece o réxime de usos e limitacións do espazo protexido no vindeiro ano
  • O obxectivo xeral do plan é o mantemento e restablecemento nun estado de conservación favorable dos valores ambientais que motivaron a declaración do Monumento Natural das Catedrais
  • O Goberno galego estableceu cinco obxectivos estratéxicos con 12 actuacións, ás que a Xunta destinará case 1,7 millóns de euros nos próximos 10 anos

  Seguir lendo