Solo industrial accesible

Sinala que é unha medida moi positiva promovida pola Xunta para facer A Mariña lucense máis atractiva para o asentamento de empresas e novas oportunidades de emprego

 Balseiro aplaude a iniciativa do Goberno Feijóo de rebaixar ata un 50% o prezo do solo industrial da comarca

la foto

  • Nesta primeira fase do programa os polígonos de Barreiros, Foz, Cervo e Viveiro, comercializados pola empresa pública Xestur serán obxecto de promoción
  • O concurso público de adquisición das parcelas abaratadas será convocado o vindeiro dia 12 de xaneiro e o prazo para presentar solicitudes será de un mes

Lugo, 09 de xaneiro de 2014.- O secretario do Parlamento galego e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro aplaude e quere poñer en valor a iniciativa do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo de rebaixar un 50% o prezo do solo industrial que a Xunta ten dispoñible na comarca da Mariña lucense.

O parlamentario popular sinala que esta é unha medida “moi positiva” promovida desde a administración autonómica “para facer a nosa comarca máis atractiva para o asentamento de empresas e a creación de novas oportunidades de emprego”.

Balseiro lembra que nesta primeira fase os polígonos industrias que se verán beneficiados desta medida son os de Barreiros, Foz, Cervo e Viveiro, comercializados pola empresa pública Xestur. Esta previsto que no vindeiro mes de marzo, se incorporen a esta promoción os polígonos autonómicos dependentes do Instituto Galego de Vivenda e Solo –que precisan dunha tramitación diferenciada– e que, na nosa comarca beneficiarían tamén ao de Lourenzá.

O deputado explica que unha vez aprobada a iniciativa no Consello da Xunta que tivo lugar no día de onte, a posta en práctica da mesma iniciarase co concurso público de adquisición das parcelas abaratadas que será convocado o vindeiro dia 12 de xaneiro. Indica tamén que o prazo para presentar solicitudes será de un mes.

TODO UN ACERTO

O deputado popular insiste no acerto do Goberno galego á hora de decidir ofertar solo industrial a un prezo máis accesible, de modo que a nosa comarca tamén poida competir en mellores condicións con zoas limítrofes.

Sinala tamén que os populares veñen impulsando desde fai anos a posta en valor da infraestrutura industrial existente, desde o propio chan industrial ata incentivos no aluguer, para atraer tanto novo investimento produtivo como impulsar a propia actividade interior, de empresas xa existentes que poidan precisar deste solo.

A modo de conclusión Balseiro explica que, a medida aprobada polo Executivo popular supón tamén un paso importante para avanzar na recuperación económica, “porque si queremos que os empresarios volvan a recuperar a confianza e a actividade inversora, temos que darlles facilidades para que poidan emprender e xerar emprego”