Melloras en portos

O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou esta mañá as obras, que contan cun investimento de máis de 200.000 euros

PORTOS DE GALICIA PREVÉ TER REMATADO PARA A PRÓXIMA PRIMAVERA O REFORZO DO DIQUE DA RAPADOIRA EN FOZ

Foz 13012015

  • A actuación consiste no reforzo dos mantos de protección da zona máis exposta, a da praia, a escolleira, o morro do dique e o costado exterior

 

Santiago, 13 de xaneiro de 2015.- Portos de Galicia prevé ter rematado de cara á próxima primavera o reforzo do dique da Rapadoira, no municipio lucense de Foz. Así o confirmou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona na que o seu departamento está a investir un total de 210.000 euros para a reparación desta infraestrutura tralos desperfectos sufridos polos temporais.

O dique da Rapadoira resultou afectado polos fortes temporais de vento e choiva que afectaron a todo o litoral galego durante o pasado inverno. En concreto neste porto e na zona da praia da Rapadoira os desperfectos orixináronse básicamente nas escolleras dos taludes de defensa e protección do dique de encauzamento –que contén o areal da praia- así como nos diferentes pavimentos da súa plataforma.

As obras que se están a executar na actualidade consisten no reforzo dos mantos de protección da zona máis exposta do costado interior (a zona da praia), das escolleiras, o morro do dique con escolleira, e o final do costado exterior, coincidente coa zona de ría. Así mesmo será necesario reconstruir un tramo de escolleira do costado central interior e o pavimento dos firmes da plataforma do dique. Finalmente repararse tamén unha pequena zona do paramento da baliza interior e diferentes tramos de baranda de contención.

As obras deron comezo o pasado mes de novembro e con esta actuación Portos de Galicia pretende devolver a plena operatividade e as maiores condicións de seguridade posible aos peiraos afectados polos fenómenos meteorolóxicos adversos do inverno pasado.