Fomento de emprego

A Xunta acadou un acordo cos representantes empresariais e sindicais para investir preto de 60 millóns de euros na mellora da empregabilidade de menores de 25 anos e parados de longa duración

BALSEIRO SINALA QUE OS NOVOS PROGRAMAS DE FOMENTO DE EMPREGO DA XUNTA BENEFICIARÁN A TODOS OS MUNICIPIOS DA MARIÑA

la foto

  • Segundo as estatísticas oficiais, en decembro, A Mariña rexistraba 285 parados menores de 25 anos, deles un 48% son mulleres, ambos son un colectivo preferente nos apoios da Xunta
  • En Galicia os parados de longa duración poderán recibir a renda de acompañamento de 426 euros durante un ano, ampliando o prazo de cinco meses establecido polo Goberno central

A Mariña, 16 de xaneiro de 2015.- O deputado do Grupo Popular e Secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, sinalou hoxe que os novos programas de fomento do emprego aprobados no día de onte pola Xunta de Galicia beneficiarán a todos os municipios da Mariña e, máis en concreto, a dous colectivos especialmente afectados pola crise: a mocidade e os parados de longa duración.

O popular lembrou que o Goberno galego acadou un acordo coa Confederación de Empresarios de Galicia, a UXT e Comisións Obreiras polo que se investirán preto de 60 millóns de euros, no conxunto da Comunidade, para a posta en marcha destes incentivos á empregabilidade.

MENORS DE 25 ANOS

No caso concreto da Mariña lucense, e segundo os datos oficiais de paro rexistrado no pasado mes de decembro, 285 menores de 25 anos atopábanse sen emprego nesta comarca, deles, un 48% son mulleres.

Este colectivo será un dos máis beneficiados polos novos plans de emprego xa que os comprendidos nesta idade que non estuden nin traballen, ou menores de 30 cunha discapacidade de ata o 33%, participarán nas iniciativas previstas no Programa de garantía xuvenil que inclúe actuacións tales como a adquisición de experiencia en entidades sen ánimo de lucro; incentivos á contratación en sectores emerxentes, con axudas de 200 euros ao mes; formación en competencias clave como as tecnolóxicas ou os idiomas; e a promoción do emprego autónomo, cunha axuda a fondo perdido de 1.200 euros, ou a contratación de 56 técnicos orientadores para o Servizo Público de Emprego de Galicia… etc.

PARADOS DE LONGA DURACIÓN

En relación cos apoios previstos aos parados de longa duración, Balseiro subliñou que Galicia ampliará o prazo establecido polo Goberno central para a percepción dunha renda de acompañamento mensual de 426 euros. Mentres que o pacto asinado entre o Ministerio de Empleo e os axentes sociais fixa un período de cinco meses, a Xunta de Galicia achegará á empresa unha cantidade equivalente sete meses máis de xeito que o traballador percibirá, durante un ano, o mesmo salario. No caso de que o beneficiario asine un contrato de longa duración, terá dereito a percibir unha cantidade equivalente a esta renda durante dous anos.

 

Sobre este segundo punto, cómpre lembrar que o Plan contempla a posibilidade de compatibilizar durante un ano a renda de acompañamento de 426 euros cun contrato laboral por conta allea. Esta contía sumarase ao salario pactado entre o empresario e ao traballador.

 

Ademais, conclúe Balseiro, para fomentar o emprendemento incentivaranse as novas altas de autónomos, con axudas que poden chegar ata os 9.000 euros, e potenciarase a contratación por conta allea.