Confrarías lucenses

Os populares poñen de relevo a falta de apoio do bipartito provincial, do PSOE e do BNG a un sector estratéxico na Mariña de Lugo

Balseiro acusa a Besteiro de “ninguneo e desprezo” ao sector pesqueiro lucense

10420129_739322032830086_5007281431823046712_n

  • A Deputación de Lugo volve a ser a administración provincial galega que menos apoios dea, tanto ás confrarías como aos profesionais da pesca e do marisqueo

 

  • Os anuncios de Besteiro seguen a ser insuficientes e non son máis que unha estratexia de propaganda para ocultar a falta de compromiso con este sector

 

Lugo, 21 de xaneiro 2015.- O secretario xeral do PPdeLugo e voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, acusou ao presidente da Deputación de Lugo, Jose Ramón Gómez Besteiro de ser o principal protagonista do permanente “niguneo e desprezo” ao sector pesqueiro lucense.

Así o asegurou tras poñer de relevo que, unha vez máis, a Deputación de Lugo será a administración provincial galega que menos apoios dea, tanto ás confrarías como aos profesionais da pesca e do marisqueo.

Balseiro asegura que as novas liñas de axuda anunciadas pola Deputación volven a ser manifestamente insuficientes e non resisten comparación coas impulsadas por outros entes provinciais da nosa Comunidade.

Indica tamén que o feito de pretender vender como un logro un apoio raquítico, non é máis que unha estratexia de propaganda, pero non un compromiso real en apoio a un sector estratéxico, como é o da pesca e marisqueo, para o conxunto da provincia, para A Mariña de Lugo.

A PEOR DAS DEPUTACIÓNS GALEGAS

A Deputación de Lugo tan só destina 21.000 euros en axudas directas ás confrarías lucenses –excluíndo ademais á Federación provincial- fronte aos 369.000 euros da deputación de Pontevedra ou os máis de 894.000 euros que dirixe a da Coruña a este colectivo.

AXUDAS ÁS CONFRARÍAS

LUGO

21.000 €
A CORUÑA 561.000 €
PONTEVEDRA

894.000 €

 Aínda incrementando estes apoios ata os 150.000 euros que agora din comprometer, eso si con carácter xenérico para a pesca de baixura, esta cifra estaría moi lonxe das axudas que, no seu conxunto, destinan aos profesionais da pesca e do marisqueo no resto das deputacións galegas, que chegan incluso a quintuplicalas.

MALOS CONSELLEIROS

O voceiro popular insiste en que Besteiro sempre estivo mal aconsellado na súa relación co sector pesqueiro e lle esixe maior autocrítica. Sinala tamén que esta actitude non só lle prexudica na súa condición de presidente provincial agora que está de retirada na Deputación, senon como secretario xeral dos socialistas galegos, xa que non se pode ir da man da exconselleira que aplaudía os recortes de cotas ou do voceiro socialista que se nega a apoiar iniciativas positivas e promovidas incluso desde o sector pesqueiro lucense.