Municipais 2015

Así o deu a coñecer hoxe o presidente provincial do Partido Popular en Lugo, Xose Manuel Barreiro

O PP de Lugo designa a Jose Manuel Balseiro coordinador de campaña

Balseiro

  • Conta con longa experiencia nestas tarefas e de feito xa coordinou as últimas eleccións europeas, autonómicas, xerais e locais
  • Avanza que o PPdeLugo celebrará en febreiro unha convención provincial na que presentarán o equipo e a alternativa popular de cara ás 67 alcaldías lucenses.

 

Lugo, 22 de xaneiro de 2015.- O Partido Popular de Lugo elixiu ao secretario xeral da formación nesta provincia, Jose Manuel Balseiro, como coordinador de campaña de cara as eleccións municipais de maio.

Así o confirmaba hoxe o presidente dos populares lucenses, Jose Manuel Barreiro, quen volve a confiar en Balseiro para que se encargue de coordinador o equipo de traballo que deseñará a campaña electoral do Partido Popular na provincia.

Balseiro dispón dunha acreditada experiencia nestas tarefas, xa que efectuou este desempeño nas últimas citas coas urnas, e en todo tipo de procesos, entre elas as autonómicas e xerais nas que o PP mellorou os seus resultados na provincia.

A designación de Balseiro ten lugar despois de que, tanto desde a dirección nacional como a autonómica, deran conta dos seus coordinadores de campaña, que recaeron en Carlos Floriano e Alfonso Rueda.

Jose Manuel Balseiro, deputado autonómico e secretario do Parlamento de Galicia, asume estas nova responsabilidade orgánica coa mirada posta en ampliar a confianza dos lucenses ata o punto de aumentar o número de alcaldías e recuperar a gobernabilidade da Deputación.

CANDIDATOS

No que respecta aos candidatos municipais, Balseiro explicou que a dirección provincial vén facendo público os nomes de novos aspirantes practicamente a diario, e que seguirán facéndoo ao longo das vindeiras semanas.

Unha vez sexan decididos todos os alcaldables, celebrarase unha Convención de candidatos provincial, probablemente no mes de febreiro, que pretende ser unha oportunidade máis de presentar ante os lucenses o noso equipo e a alternativa popular de cara ás 67 alcaldías.

O novo coordinador de campaña dos populares lucenses sinala que, unha característica esencial da nova campaña é o papel protagonista que teñen as persoas que representen ao Partido Popular de Galicia nos distintos concellos, o que non impide realizar unha serie de propostas marco, na que os populares xa traballan, sobre aspectos que queren para a provincia, en consonancia coas demandas dos lucenses.