Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Febreiro 2015

Seis anos de goberno Feijóo

Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra salientan que as cifras oficiais desmenten o “permanente vitimismo” do alcalde e sitúan ao Goberno galego “como a administración que maior esforzo inversor realiza nesta localidade” 

O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS RIBADEO RECIBIU UN INVESTIMENTO DE 65,8 MILLÓNS DE EUROS DA XUNTA DE GALICIA

IMG_8421

  •  Isto supón unha media de case 11 millóns de euros anuais en investimentos

(máis…)

Read Full Post »

Igualdade de oportunidades

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, sinala que os recursos do novo FEMP poden servir de base para financiar as actuacións específicas que se promovan neste ámbito

O GRUPO POPULAR PROPÓN NO PARLAMENTO GALEGO QUE A XUNTA POTENCIE A IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLES NO SECTOR PESQUEIRO

 membrillo1

  • Empraza a prestar especial atención a integración feminina no sector estrativo e na administración de empresas pesqueiras e propón novos apoios á organización e desenvolvemento das actividades dos distintos colectivos profesionais de mulleres

(máis…)

Read Full Post »

Pleno 24 de febreiro

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, salienta que a contía global das cotas das principais especies do cerco (o xurelo, a xarda e a anchoa) aumentan nun 52%: ao pasar das 65.000 toneladas de 2009 ás 99.000 toneladas de 2015

 O GRUPO POPULAR CORRIXE AO PSOE E LEMBRA QUE XA É POSIBLE PESCAR SARDIÑA NA ZONA CIEM VIIIB MALIA QUE PERTENCE A UN STOCK DIFERENTE DO DA SARDIÑA IBÉRICA

 Balseiro pleno CV

  • Mantén que a proposta de referencia de Galicia é a aprobada polo Consello Galego de Pesca, defendida polo sector e pola Xunta
  •  Lembran que o principal problema do cerco é ter que soportar as sancións por sobrepesca derivadas da falta de xestión e control dos anos de goberno socialista

(máis…)

Read Full Post »

Comisión de Pesca 18/02 b

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que   tanto Portos de Galicia como o Ministerio de Fomento foron sensibles co contexto de crise e rebaixou as súas taxas, incluso algunha delas ata o 90%

O GRUPO POPULAR LAMENTA QUE O BNG BLOQUEE UN ACORDO INSTANDO A ADAPTAR AS TAXAS DA PESCA DE BAIXURA EN FUNCIÓN DOS INGRESOS QUE SE OBTEÑEN

 Nasas polbo

  • Por outra banda os populares lembraron que o Plan de xestión da sardiña acolle unha demanda recorrente do sector do xeito cunha reserva de cota específica de 200 toneladas que supera o que pescaron de media anual os buques desta arte nos últimos 10 anos

  (máis…)

Read Full Post »

Comisión de Pesca 18/02 a

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, aclara que a prohibición das importacións ten sentido namentres este país asiático achegue ao mercado comunitario máis produto do que declara capturar, o que repercute negativamente no seu prezo e crea distorsións anticompetitivas no mercado deste especie

 O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR INSTANDO Á UE A VETAR O PEIXE ESPADA PROCEDENTE DE VIETNAM

 Comision 8 23-12-2014 (2)

  • Os populares insisten na necesidade de adoptar medidas en defensa da flota de palangre de superficie integrada por máis de 180 barcos, dos que uns 150 teñen porto base en Galicia, en especial en localidades como A Guarda, Burela e Vigo

(máis…)

Read Full Post »

Peixe espada

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, empraza ás forzas políticas da oposición a facer posible un acordo unánime do Parlamento galego en defensa dos intereses da flota de palangre de superficie, con máis de 150 embarcacións con porto base en Galicia

O GRUPO POPULAR PROMOVERÁ O VETO AO PEIXE ESPADA PROCEDENTE DE VIETNAM MENTRES NON CUMPRA COS REQUISITOS DE TRAZABILIDADE

 nuevo-acuerdo

  • A desviación nas importacións procedentes deste país asiático moito por riba das cantidades declaradas, repercute negativamente no prezo do produto, creando distorsións no mercado e baixadas acusadas de prezos en orixe.

(máis…)

Read Full Post »

Comisión 7ª 13/2b

O deputado do Grupo Popular interesouse na Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia polas axudas recibidas en materia de promoción, apoios ao funcionamento do Consello Regulador e control de calidade dos viños amparados por esta Denominación de Orixe

A XUNTA CONFIRMA A PREGUNTAS DE BALSEIRO APOIOS POR VALOR DE MÁIS DE 458.000 EUROS Á DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRA SACARA

 la foto

  • Resulta “innegable” o apoio do Goberno galego a esta denominación de orixe, que non acadou ningún recorte ante unha das principais zonas de produción de Galicia, con gran tradición vitivinícola.

  (máis…)

Read Full Post »

Comisión 7ª 13/02

O deputado, Jose Manuel Balseiro, lembra que os procedementos de contratación e as contas do CETAL son auditados todos os anos pola Intervención Xeral do Estado sen que conste anomalía algunha

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE O INFOME DO TRIBUNAL DE CONTAS SOBRE A FISCALIZACIÓN DO CETAL “NON É AÍNDA DEFINITIVO” PORQUE QUEDAN POR RESOLVERSE AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS

 Comision 8 23-12-2014 (2)

  • Os populares aseguran que o deputado de AGE Antón García non ten personalidade política ningunha, pois renunciaba a todo o que pedía na súa iniciativa a cambio de que dimitira o director. “Non lles interesa a xestión do CETAL ou a súa fiscalización, só buscan defenestrar a quen lles incomoda”, afirma Balseiro

(máis…)

Read Full Post »

Un hospital amplio e moderno

Así o confirmou hoxe a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, aos deputados populares da Mariña, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra

O PLAN DIRECTOR PARA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA PRESENTARASE NA PRIMEIRA QUINCENA DO MES DE MARZO

 vidal balseiro

  • A empresa redactora ultima o proxecto técnico para o que o Sergas investiu 112.530 euros

 

  • Os orzamentos da Xunta para 2015 contemplan unha partida dun millón de euros para iniciar as obras

 

  • Verase reflectido o traballo impulsado polo PP da Mariña

(máis…)

Read Full Post »

Pleno do Parlamento 11/2

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, pon en valor o consenso acadado para demandar da UE que adopte todas as medidas necesarias, “incluída a suspensión das importacións ou o bloqueo de novos acordos comerciais” para evitar á competencia desleal dos produtos pesqueiros obtidos de xeito irregular

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR EN DEFENSA DA FLOTA GALEGA FRONTE OS PAÍSES QUE PRACTICAN A PESCA ILEGAL

 Pleno

  • O acordo final incorpora as emendas formuladas por PSOE e AGE referidas aos condicionantes sociais, laborais e hixiénico sanitarios, aínda que os populares lembran que xa se incorporan nos tratados comerciais a través das cláusulas de igualdade de condicións (level playing field)

(máis…)

Read Full Post »

Older Posts »

A %d blogueros les gusta esto: