Comisión de Pesca 04/02c

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, lembra que o convenio asinado onte supón dar cumprimento a unha iniciativa promovida polos populares no Parlamento galego

 O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE A COLABORACIÓN ENTRE O SERGAS E O ISM SERVIRÁ PARA AXILIZAR OS  RECOÑECEMENTOS MÉDICOS DE EMBARQUE MARÍTIMO

 la foto

  • Os populares comprométense a seguir impulsando cantas iniciativas poidan redundar en beneficio dos profesionais do mundo da pesca

Santiago, 04 de febreiro de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro quixo poñer en valor o convenio de colaboración asinado onte entre o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e o Instituto Social da Mariña (ISM) coa fin de colaborar no intercambio de datos e no acceso mutuo aos sistemas de información médica.

O popular sinala que esta colaboración permitirá axilizar de xeito significativo o tempo que na actualidade levan realizar as distintas probas dos recoñecementos médicos de embarque marítimo e permitirá que estas sexan máis completas, o que redundará en beneficio de mariñeiros e tripulantes, isto é, dos profesionais do mar.

MANDATO PARLAMENTARIO

Balseiro salientou tamén, que o convenio asinado onte supón dar cumprimento a unha iniciativa que nas pasadas datas promoveron desde o Grupo Popular no Parlamento de Galicia, dirixida a este mesmo obxectivo.

“A Xunta e o ISM materializan este compromiso, este mandato parlamentario, dando resposta así a unha demanda profesional da que os populares fixémonos eco”, explicou o voceiro popular.

Daquela a iniciativa saíu adiante co respaldo dos deputados do PP, pero non contou co voto favorable dos grupos da oposición, que se abstiveron. Esta actitude de PSOE, AGE e BNG xerou certa sorpresa entre o sector, tras constatar que non eran sensibles á realidade dos profesionais do mar. Balseiro indicou que este actuar torpe dos grupos da oposición non é a primeira vez que acontece, pola “obsesión enfermiza de non coincidir co PP, aínda que sexa sumando forzas para impulsar iniciativas obxectivamente positivas”.

 O voceiro do Mar dos populares galegos concluíu confirmando o compromiso do Grupo Popular para seguir traballando en defensa dos profesionais do mundo do mar e das súas reivindicacións, “esforzámonos por traer ao Parlamento e facer realidade desde o Goberno iniciativas dirixidas a mellorar as cousas”